lunes, 7 de marzo de 2011

Vincha de Entroido

Eu son dunha terra alta , da montaña dende onde se ven as Illas Cíes cando fai bo dia .
Nesta Terra alta case máxica as comunicación fluían dende o mar polo camiño que levaba dende a costa ata o Mosteiro de Oseira en Cea ,Ourense , este camiño tamén servía para traer o viño do Ribeiro o Mosteiro de Poio , todo moi eclesiástico como podedes ver… pero as nosas antepasadas ,as mulleres, tamén se intercambiaban saberes , un deles é a Vincha , un doce místico gardado con sixilo de xeración en xeración coma un mantra para espantar os males no Entroido.

A Vincha é un doce típico de Entroido na Terra de Montes , pero tamén o é na zonas limítrofes entendemos que por esas cousas do amor e outros misterios nos que a xente ía e viña…
Teño que dicir  que eu non apreciei a Vincha ata agora, ufff o tema de que se fixera na “Vexiga “ do porco , tirábame par atrás , é agora cando as cousas van morrendo cando se parecía máis os saberes tradicionais , aquilo que non queres que se perda así que este ano miña nai tíñame unha sorpresa reservada que eu celebrei con euforia.
Por motivos de traballo este ano perdinme a matanza na miña casa , dia que antes detestaba e do que agora gozo como unha nena na cociña , cousas da vida… pois o que dicía miña nai e miña sogra lembráronse da marabillosa “vincha” e iniciaron o marabilloso proceso de elaboración desta sobremesa , que consiste en recoller a vexiga do porco , lavala , limpiala ben e enchela de aire como se fose unha pelota , logo deixase curar ó fume igual que os chourizos .
Para o tempo de Entroido a “Vincha “ esta curada  é por isto que é un doce desta época , así que as mulleres da miña casa este sábado comezamos a elaboración da Reina do Entroido.


Ingredientes:
Unha vexiga (vincha) de porco.
12 ovos
750 gramos de azucre
1/4 litro de leite
1/4 kilo de pan consistente
2 cucharadas de manteca de vaca ou manteiga
limón, canela,sal, anís e un puñadiño de pasas de Corinto.

Modo de facer:
1-            Cortar o pan en anaquiños pequeniños ( nesta labor poden participar todas)
2-            Temperar o leite co azucre e a canela e un chisco de sal e a manteiga.
3-            Vertelo sobre o pan e remexer coas mans , engadir as pasas e un chisco de anís deixar repousar este almoado 3 horas como mínimo.
4-            Abrimos o globo da vincha con un corte por debaixo e racheámolo co almoado e depois cosemos e introducímola nunha pota de auga a ferver durante dúas horas.
5-            Esperamos a que enfrie, quitamoslle a vincha como se fose unha pel  e servimos.


A feitura na Vincha apórtalle unha textura mais xugosa e compacta e un sabor e un aroma exquisito , pero tamén pode facerse no forno untando a forma con caramelo liquido ó modo de pudin Inglés, en fin o que antes era unha comida popular de aproveitamento de restos , hoxe é unha “delicatesen”.

15 comentarios:

Caldebarcos dijo...

Non a coñecía. QUe ben coñecer os costumes dos distintos pobos da nosa xeografía, que tan rica é.
Biquiños

Rocio dijo...

que rica, uno de nuestros postres de carnaval.

Teresa dijo...

Hola:
la primera vez que probé la vincha, fue hace unos 5 años, la hizo la madre del que hoy es mi novio y de aquellas compañero y amigo. Su madre murió hace dos años, y al ver esta receta aquí me la ha recordado.
Yo soy de Vigo y mi novio, del concello de Cotobade. Puedo preguntarte de donde eres?

María dijo...

Si Teresa claro que si , son do Concello de A lama , de que lugar de Cotobade é o teu mozo , a que adiviño , da zona alta do Concello de cara a Caroi pode ser ? Este doce é mais propio do alto ainda que se cociña en todo Cotobade.

Nenalinda dijo...

No conocia este postre tipico de las fiestas de carnaval.
Desde luego la receta ademas de curiosa es interesante,tomo nota para hacerla sin la vejiga a modo de puding a ver que tal queda.
Una receta y presentacion de 10 points.
Bicos mil wapa.

Teresa dijo...

Creo que Caroi queda mais para o alto,o meu mozo é de Cuspedriños, concello de San Xurxo de Sacos. Podo decirche que ata que nos fixemos mozos eu non coñecia mais alá de Pontevedra, e agora paso alá a maioria dos fins de semana. Agora non lembro o nome do pobo, pero en Setembro hai a festa da filloa por alí cerca, todas as festas en Galicia son para comer...
Agora que leo mais blog de cociña, atopei que hai moitos de mulleres galegas. Bicos

María dijo...

Gracias a todas Sodes Marabillosas!!!!
Tere , a festa da Filloa é en Valongo e cando sexa prometo publicar unha entrada porque teñen unha maneira ben curiosa de facelas sobre unha pedra quente.
En Cuspedriños claro que se fai a Vincha, está en plena terra de Montes...espero que poidas facerlla algún día o teu mozo, miña nai cando non hai vinchas , mete o almoado nunha bolsa de plástico que colga dun cazo para que non se pegue as paredes da pota ó modo no que Arguiñano fai os ovos escaldados.. non sabe igual pero esta riquisima tamén.

María dijo...

non coñecía este doce de entroido, pero non me importaria probalo. Na miña casa, pola matanza a vincha creo que a tiran, non teño noción de que miña nai a aproveite para algo. Graciñas pola tua visita. Un biquiño. Por certo, eu son de Oseira, este pequeno pobo que nombras, cheo de historias, moitas delas relacionadas co mosteiro. Un lugar que ben merece unha visita.

Unknown dijo...

Impresionante, miña nai fai a vincha, non sei onde aprendeu xa que nos somos de Pontevedra, ela faina nunha tarteira (non sabia eu o da vexiga!!!)
a fai ademais no Nadal, asi que agora voulle contar a historia e pedirlla para entroido.

Bicos

HELLO CAKES dijo...

Nunca a vira, pero ten moi boa pinta...
bicoss

Mesilda dijo...

Tiene una pinta fantastica,no conocia este portre,se ve delicioso,parecido al puding...con tu permiso tomo nota.
Besets.

Foodfit_photo dijo...

María, desconocía por completo esta preparación, me ha sorprendido mucho y por el aspecto tiene que estar bien bueno. Me ha gustado mucho tu entrada, siempre se agradece aprender algo nuevo.
Un besiño.

natalia dijo...

Pois súmome á lista das que non conocía este doce de vincha... qué curioso!
Cando está afumada será como as do entroido de Xinzo, non? Pero mais pequenas, claro!

Un saludo, quédome por aquí a fisgar un pouco!
natalia

garlutti dijo...

Supe por primera vez deda Vincha en TV de Galicia en un reportaje que hacian en Cangas a unas sweñoras que son las que las hacen ...me llamo mucho la atencion ..nunca LO PROBE ...BESOS MARIMI

IRINA dijo...

Hola, soy Irina, yo vivo en Italia, pero de origen ruso :-) Me gusta tu blog y te sigo y te invito a seguir mis recetas y blog .
Este plato se ve riquísimo!!!

besos
Irina