miércoles, 28 de septiembre de 2011

Ladairo

Estamos en plena vendima e fai uns dias se concedía o premio o mellor tinto de Galicia , curiosamente a un que dende fai un tempo se converteu nun dos meus viños favoritos.

O blogue , chamase Comer, Beber, amar... e curiosamente aínda non atopara o momento para falar de viños.. que Ladairo fose o premiado dáme pe a facelo .

Descubrín Ladairo polo meu xefe que mo recomendou nun xantar de traballo, así que cando tiven oportunidade probeino..Ao que lle gustan realmente os viños en casa é a miña costela , ao que lle encanta tomarse un viño tranquilamente preferiblemente os venres pola noite... así foi como quedamos prendados deste tinto con peso , con padar profundo e aromas de terra.. lembra ós tintos portugueses do Douro e deixa un pouso especial ó final.. unha regalía , totalmente recomendable.. probádeo.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Empanada de xoubas.

Setembro  e o seu sol serodio fan de Galicia un paraíso , eu teño a sorte de vivir nun , encántame a cor das arbores , a calor morna do sol o anoitecer... paréceme un pequeno agasallo da natureza antes de encerrarse en si mesma como unha muller cando descubre que esta grávida.

Desembarquei no traballo como un ciclón e sen apenas pausa, estou a tope, de cero a cen sen tempo de pensar...pero ben ... as vacacións foron , tranquilas , estupendas diría eu .. con tempo para recuperar costumes  e ler ... as vacacións dan tempo, o tempo vale tanto... cando non o posuímos.

A receita de hoxe forma parte dunha merenda de vendima, en Galicia, cando menos onde eu son,  é tradicional darlle a merenda ós xornaleiros e a xente que traballa para un nunha tarefa, ven sexa no millo , na seca ou na vendima..

Esta empanada é favorita de miña avoa, antes cando podía camiñar ben e estaba forte, soia ir a praza  calquera día da semana, a mercar xoubiñas para empanada que logo preparaba con mimo para todos nós que cando eramos nenos non apreciabamos moito a verdade.. pero agora é un manxar espectacular so comparable a empanada de zamburiñas .

Esta receita é semellante a súa , esta un pouco tuneada teño que dicilo , emprego unha fariña integral que merco no Eroski , que misturo con fariña de forza o que fai que a masa sexa esponxosa case como comer nubes .. unha marabilla de masa a verdade , ademais de preparala na panificadora , que grazas a Cristina descubrín fai un tempo.

Vou coa receita;

Ingredientes

Para a masa:

250g de fariña de trigo de forza
250g de fariña de trigo integral
250ml de auga morna
100ml de aceite
20g de fermento fresco de panadaría
2 cucharaditas de sal

Para o almoado:

1 cebola grande picada.
500 gr de xoubiñas
Un dente de allo.
Azafrán ou colorante
Sal.


Modo de facer:

Preparar o almoado é dicir fritir a cebola , con dúas ou tres xoubas o dente de allo picado e o azafrán ata que este feita.

A masa preparámola na panificadora ,colocamos todos os ingredientes líquidos na cubeta e a continuación os sólidos. Programa 6, que consta dun amasado e un levado.
Cando este lista , dividímola en dúas , estirámola e colocámola nunha bandexa de forno previamente untada con aceite , estiramos o almoado  e colocamos as xoubas tal e como se ve na foto, despois estiramos a outra masa e colocámola enriba , sellamola e pintámola con ovo batido , facemoslle un furado no medio e metémola no forno 25-30 min a 200.
Lista e exquisita.

viernes, 9 de septiembre de 2011

AIG 2011


Creo que na miña cabeza agora mesmo esta soando  “Oh Blanca navidad… sueños .. la.. la.. lara …”
No me digades que si pechades os ollos non podedes escoitalo… estou tan emocionada con isto do AIG 2011 como unha nena con zapatos novos.. paso por un escaparate e penso.. “ummm isto para o AIG” ou estou na ducha e  ocorréseme que debería enviar chourizos , chourizos galegos envasados ó valeiro.. claro .. non imaxino os de correos  cun paquete que cheire a chourizos…
Isto conto porque na miña casa cando se ia de visita a ver ós nosos familiares emigrados en Alemania , México ou Brasil ou cando eles viñan , escondíanse os chourizos e o lacón dentro da bolsa dos calcetíns sucios … era toda unha película que miña nai e miña avoa  argallaban para cruzar a fronteira… así que o meu AIG , creo , que levará chourizos…
Teño que agradecer moitisimo a Jo que vive en Londres y que se esta a esforzar para que isto sexa un éxito dende o seu blogue mis recetasbordadas e a Carol por diseñar o logo, tamén a Bea e a Ana por comezar con todo isto.
Que ganas teño de que chegue o meu AIG e como me ilusiona preparar o meu… GRAZAS!!!

lunes, 5 de septiembre de 2011

Torta tatin de pera


Xa estou de novo aquí , este foi un verán longo, precisaba moito un descanso, demasiadas cousas e demasiadas tarefas nun ano no que curiosamente decidín comezar co blog e a vez tiven unha inusitada crise coa cociña... non me apetecía nada cociñar , así que este agosto decidín reconciliarme coa cociña e coa vida.... tamén abandonar un pouco a dieta creo que axudou...

Eu son das que lle encanta setembro... das que lle gusta sensación de rutina e control que nos aporta , pero non me digades que non custa pórse o día de novo, acostumar os nenos a madrugar , a ter algo de rutinas .. non sei....debemos acostumarnos de novo a todo.

Este foi un verán de moita froita , moitos tomates, moras.. etc levo unha semana de conserveira.. Ja!ja! Facendo pisto de tomate e cabaciño en conserva .. marmelada de moras .. de pera.. doce de marmelo de mazan .. en fin que me dou forte....

Grazas un esceso de produción de peras , o meu pai doulle por plantar pereiras , xurdiu a torta de hoxe, sin duda a cousa máis rica que comín en moitísimo tempo...

A torta tatin é froito dun erro culinario dunhas irmans francesas que se equivocaron en facer a torta de mazan ... quedando esta convertida nun clásico da gastronomía francesa.

No meu caso o tatin é de Pera , tiña as miñas dubidas ... pero disipáronse co primeiro bocado ... todos os da miña casa sin dudas deron a súa aprobación... o tatin é magnifico....

Receita

As cantidades son orientativas, pois dependerá do tamaño do molde. Eu utilicei un de 22 x 5ctm.

Ingredientes:

1 e 1/2 kg. de peras
100 gr. de manteiga
150 gr. de azucre
1 limón
Canela ou azucre vainillado

Ingredientes para a masa brisee:

225 gr. de fariña de repostaría
125 gr. de manteiga
1/2 cucharadita de sal
40 ml. de auga
Elaboración da masa:
Formar un volcán coa fariña e colocar no centro o sal e a manteiga en trocitos. Traballar até obter unha masa arenosa e engadir a auga para unir e formar unha bóla. Cubrila de papel filme e deixala repousar 30 minutos no frigorífico. Estendela cun grosor de 3-4 ctm.
Elaboración do recheo:
Embarrañar o molde elixido con 75 gr. de manteiga e esporear 50 gr. de azucre.
Tamén podemos facer o caramelo a parte eu son partidaria disto ultimo , xa que me gusta a tarta mui húmida para que o caramelo quente se mezcle co xeado de vainilla co que me gusta comela, é unha delicia de verdade.
Preparades o caramelo a parte e logo colócanse as peras peladas e cortadas nun molde tipo pírex , o tradicional é facelo nunha sarten, pero pode ser colquer molde, as peras o revés para que o darlle a volta quede a parte bonita quede cara fora, eu metinas un pouco no forno co caramelo e logo púxenlle a masa e rematei de cocela.Unha delicia!!!