viernes, 30 de diciembre de 2011

Mini Biscoito de Tona


Como xa vos comentaba no post anterior este final de ano , esta sendo moi complicado para min , aínda que parece que todo se arranxa e que seguramente polo espírito de Nadal todos os males parecen curarse.
Quizais tamén teña algo que ver que me decidirá a beber moita auga e a baixar o ritmo un pouquiño, quizais si… grazas a todas os que vos preocupastes pola miña saúde e pola do neno, temos pendente operalo , e ansíamos que todo saia ben, sabemos que así será…
A receita que vos traio hoxe non é gran cousa .. quizais tan so unha escusa para achegarnos o blogue de novo, aínda que ten o seu aquel….
Este ano Papa Noel tróuxome uns moldes descatalogados da E.D que non se van volver a fabricar, tratase dun molde de 18 cm tipo bundt con tapa que me vai vir moi ben para o bizcoflan ( de feito xa o estrenei)e 6 moldiños pequenos que eu aproveitei para facer este biscoito(Grazas Papa Noel)

A tarde de Noiteboa, Amalia e eu fomos a visitar a uns parentes seus, Amalia é unha señora duns 87 anos, que vive soa que nos ten como única familia , adorando ós meus nenos e a nós , por iso non podemos negarlle capricho ningún , así que a tarde de noiteboa despois de deixar cosido e recheo  o Capón, alá marchamos… convidáronos a merendar e a sorpresa chegou cando nos puxeron leite de vaca de verdade!!! Si de verdade!! De vaca .. vaca…. non o podía crer… así que moi pero moi .. educadamente díxenlle que os nenos e nós non podiamos tomalo , lamentablemente os nosos estómagos xa non están acostumados a este tipo de leite e podiamos rexeitalo de algunha forma  ó menos iso foi o que pensei… pero lonxe de enfadarse , entendérono perfectamente, así que empezamos a falar do estupendo que era volver a ter loite e sobre todo da tona , entón conteille que a miña nai facía un biscoito con tona marabilloso cando eu era pequena .
Cando marchamos regaláronme unha bote de nutella che de tona , foi xenial, un agasallo inesperado que me ia permitir recuperar aquel sabor.. así que decidín realizar uns mini biscoitos tal e como facía miña nai.

Ingredientes
100 gr de azucar
100 gr de fariña
1 sobre de lavadura tipo royal
3 ovos L
150 gr de Tona
Modo de facer
Bater os ovos co azucar ata que dobren o seu tamaño e branqueen un pouco , bater as claras a punto de neve cunha pizca de sal , mesturar a fariña coa levadura e tamizar , mesturar cos ovos pouco a pouco e ir engadindo as claras pouco a pouco de maneira envolvente.
Embadurnar un molde con manteiga e introducir no forma uns 20 – 25 minnutos.


lunes, 5 de diciembre de 2011

O meu AIG e Tortitas de domingo.

Este final de ano esta sendo difícil para min , a enfermidade cada vez máis pronunciada da miña avoa súmanse os meus problemas co ril e agora tamén un problema do meu neno, vamos… que semella que vivo en urxencias..
Non sei cantas citas médicas , estancias no hospital e volta a casa , levo dende mediados de novembro nin as que me quedan .. xa estrenei a axenda do 2012 con estas cousas.. por iso un debe valorar día a día o que ten .. Entrenar a mente para buscar cousas positivas e agradecer todo aquilo de bo que  ten a vida…
Como o meu Aig que xa me comentou a marabillosa Joana que estivo preocupada polo meu silencio , foime imposible escribir… as veces as cousas supérante e simplemente non das, aínda agora cando escribo unha dor enorme recorre a miña espalda o meu médico di que como veu , pasará que as veces o corpo di ata aquí chegamos.. amiga.
Poida que teña razón e non sexa máis que un aviso que debo baixar o ritmo e centrarme .
Na miña lista de propósitos do 2012, creo que ese ocupará un dos primeiros postos , coidarme máis , comer as miñas horas , traballar sen estresarme e non levarme os problemas dos meus usuarios conmigo máis ala da porta do edificio.
O meu AIG Rosa , de Cocina vasca, foi extremadamente amable enviándome un montón de cousiñas para a cociña, que aínda non puiden estrenar xa que a precripción médica é reposo absoluto ata que o meu ril recupere a súa función , pero que me axudarán un montón na cociña unha vez este recuperada.
 As tortitas que ilustran o post non as fixen eu , senon a miña costela que decidido a coidarme esta ata aprendendo a facer reposteria . Un bico enorme a Rosa e a toda a súa familia e gracias a Joana por organizar todo isto.
O meu AIG foi para Teresa , un beso enorme pola súa amabilidade , desexolle que disfrute moitisimo de todo ..http://www.cierralosojosyprueba.com/2011/11/la-ilusion-de-participar-en-el-aig-2011.html

martes, 22 de noviembre de 2011

Patacas recheas de cogumelos

Eu son un desastre.. teño que recoñecelo, ando sempre en todos os fregados , teño o grupo de Pandereteiras, a Anpa da escola infantil, a Asociación cultural, a de veciños, o concello.. un lio , o traballo que me quita moitísimo tempo e os peques os que intento non roubarlles un minuto.. aínda que as veces é imposible…tempo de calidade…
Vamos que estou en modo “Mama” total… eu son unha desas mamas que a pesar de por límites, son permisiva e amorosa creo….
En casa son eu a que cociño, temos as tarefas repartidas, eu tómome a cociña como un acto de amor, planifico menús para as festas e coido cada pequeno detalle , gústame faime feliz, creo que xa o dixen moitas veces…
Agora teño un novo reto persoal.. de momento os retos son conmigo misma… aínda non atopei a ninguén que queira acompañarme, cociñar algo rico con algo que a priori non lle gusta a ninguén en este caso o Brócoli.
Mercouno o meu marido en plan “ Hai que comer verdura” e eu ufff e agora como fago o brócoli para que os peques e os non tan peques se coman todo , así que preparei  estas  patacas recheas  inspiradas nas que me facía miña nai cando eu era pequena, espero que vos gusten, as veces os pratos máis simples poden converterse nun luxo de sabor.

Ingredientes (4 persoas)
4 patacas
1 cebola branca
100 g de champiñóns
70 g de beicon ou touciño entrefebrado afumado
100 g de queixo parmesano
40 ml de leite de vaca enteira
50 g de manteiga
1 ramallete de perexil
2 ovos de galiña
sal
pementa
Brócoli cocido ó vapor.
Queixo raiado.
Salsa de tomate para decorar o prato.
Así se fai:
Asamos as patacas coa súa pel e unha vez asadas baleirámolas eu aseinas na fussioncook, reservando a súa pulpa.
Facemos un puré coa pulpa da pataca.
Engadimos ao puré de pataca a manteiga, o leite e as xemas e batemos até elaborar unha masa homoxénea e cremosa.
Salteamos nunha tixola con 2 cucharadas de aceite de oliva a cebola cortada en brounoisse (picadillo en cadradiños pequenos) e os champiñóns fileteados, uns 10 minutos.
Noutra tixola fritimos o bacón ata que cruxa.
Escurrimos da súa graxa e incorporamos o bacón, os champiñóns, a cebola, o queixo rallado e perexil e mesturamos co puré. Salpimentamos.
Batemos as claras a piques de neve e mesturamos co puré.
Enchemos as patacas con esta mestura , cubrimos con queixo e forneamos durante 15 minutos a 200º C ata que se gratinen.

lunes, 7 de noviembre de 2011

BUNDT CAKE DE RON CON CHISPAS DE CHOCOLATE

“ Hay manos de manos , unas pesadas y torpes, otras pequeñas y fuertes , las hay livianas y temerosas , otras grandes y gentiles , pero para hacer pan y para hacer el amor lo que importa es lo que guía a la mano” 


Isabel Allende . Afrodita.


Compreime un molde de Bundt cake precioso que trouxo un mensaxeiro e que asombrado, pagou o meu marido.. e agora que…..? Que outra cousa sácache da cabeza ?
Desconfiado é pouco .. cando probou o Bundt , el que non é nada amigo dos biscoitos ..non lle quedou máis que sucumbir .. entón tiven que falarlle de Bea unha vez máis e de como alguén que non coñeces pode converterse na túa mentora culinaria como na famosa peli ...

Dende que teño o molde é un non parar cada domingo unha nova receita a cada cal mellor ... non sei por cal decidirme aínda.... xa teño encargado o meu agasallo de Nadal e creo que por esta esta vez non protestará en que sexa algo para a cociña.. .. ata esta encantado coa idea de colgalos da parede da cociña cal Bea....

Novembro para el é un mes triste .. perdeu a seu pai e a súa avoa neste mes.. levo días dándolle voltas e todos os días deste mes cociñarei algo especial para el.. niso consiste o amor .. e eu ámoo máis que a nada....


INGREDIENTES:

250 gr. manteiga
300 gr. azucre
420 gr. fariña todo uso
1/4 cucharadita bicarbonato sódico
1/2 cucharadita sae
250 ml. buttermilk ( soro de leite *1)
2 cucharaditas extracto de vainilla
4 ovos
1 xema
60 ml.  de ron , no meu caso , Bea ponlle Bourbon.
100 gr. noces picadas (*2)
100 gr. pepitas de chocolate

MODO DE FACER con Batedora

Prequentar o forno.
Engrasar un molde bundt de 25 cm. con manteiga ou spray.
Tamizar a fariña, bicarbonato, sal e reservar.
Mesturar o buttermilk,ron e extracto de vainilla.
Nun bol mesturar as noces picadas e as pepitas de chocolate, engadirémoslle 2 cucharadas da mestura do buttermilk e aproximadamente 30 gr. da mestura da fariña. Mesturaremos ben para que todas queden perfectamente cubertas.
Bater coa pa manteiga e o azucre ata que consigamos unha mestura que haxa blanqueado e quede esponxosa 
Engadir os ovos e a xema lixeiramente batidos e un a un, a velocidade baixa. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea totalmente integrado.
A velocidade baixa engadir un terzo da mestura da fariña e bater. Engadir a metade da mestura do buttermilk e continuar alternando os ingredientes terminando coa fariña.
Engadir coa espátula a mestura que tiñamos preparada das noces e as pebidas de chocolate e repartilas uniformemente.
Botar esta mestura no molde bundt engrasado que tiñamos preparado. Asegurarnos cunha espátula que a masa entrou en todas as fendas do molde e que non ten aire. Alisar a superficie. 
Fornear aproximadamente uns 50-60 minutos, ou ata que ao picalo cunha brocheta salga totalmente limpo.
Deixar arrefriar no molde sobre unha rexilla 10 minutos. Pasado este tempo desmoldar boca a abaixo e deixar arrefriar sobre unha rejilla.


martes, 1 de noviembre de 2011

Dedos de bruxa


Os nenos cambianche a vida, eu agora estou en “modo mama” ,disfruto cada instante , paso con eles todo o tempo que podo e todo o tempo que teño, adicollo , creo que o merecen , creo que merecen cada instante da miña vida para tentar facelos tan felices como eles me fan a min.


Neste tempos de recortes e de presións , semella que os nenos son os que menos importan , no cole todos os anos se celebraba o Samahim , este ano non… acordouse que non se ian realizar actividades extracurriculares a modo de presión, a min non me parece mal que se presione , todo o contrario , pero os nenos non teñen porque pagalo.. así que este ano na aldea fixemos unha festa de samahim para os nenos e cociñei os xa famosos dedos de meiga , dos que pululan miles de versións polos blogs fixenos coa receita de Aliena e o seu blogue la casita verde , curiosamente o primeiro blogue de cociña que coñecin. Despois decorei unha simples madalenas con buttercream de nuttela e fixen uns sándwiches mordidos por Drácula o resto son chuches diversa,a maioria das que venden no Lidl para estas datas , os adornos dos cupcake e das botellas sacamolos da rede pero non gardamos os links , o resultado foi unha tarde estupenda que puidemos pasar cos nosos fillos e que eles seguro que lembrarán sempre.

Dedos de Bruxa.
INGREDIENTES (saen de 25 a 30 dedos dependendo do grosor e o tamaño)


100 gr. de manteiga
unhas pingas de esencia de améndoa ou de esencia de vainilla
100 gr. de azucre
300 gr. de fariña
un chisco de sal
2 ovos
un puñado de améndoas crúas enteiras para decorar
marmelada de morango.

Modo de facer:
Nun bol grande dispomos a manteiga (que deixariamos previamente a temperatura ambiente para que se abrande), o azucre , e o chisco de sal. Batemos até mesturar ben os ingredientes.

A continuación engadimos un ovo, e a esencia . Incorporamos ben os anteriores ingredientes, e a continuación engadimos o outro ovo. Seguimos batendo  a mestura durante uns minutos até conseguir unha textura suave.

 Engadimos a fariña e incorporámola sen traballar a masa demasiado. Xusto o necesario para incorporala correctamente aos ingredientes húmidos. Envolvemos a masa resultante en filme transparente e metémola no frigorífico durante 30 minutos.

 Sacamos a masa da neveira e dividímola en 30 porcións. A continuación iremos dando a cada porción unha forma de dedo  Cun coitelo marcamos uns cortes imitando os pliegues dos dedos e pegaremos unha améndoa nun extremo, presionando un pouco.
Non se modelará ben a masa se non está fría. É recomendable manter as porcións coas que non esteamos a traballar no frigorífico, ou polo menos a metade delas.

 Colocamos os dedos sobre a bandexa do forno e pintamos cada dedo cun pouquiño de ovo batido para darlle brillo. Forneamos durante 12 minutos, ou ata que estean lixeiramente dourados.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Cristinas de nata

Non vos pasa a miúdo que de repente sen saber porque sentides un desexo irrefrenable de comer algo en concreto, e comezades a desfrutalo moito antes de comelo , a min pásame a a cotío , non o podo evitar vexo algún dos vosos marabillosos pratos , alguen que me conta unha receita.. un libro que releo.. unha conversa na radio .. non sei calquera cousa….trae a min o desexo irrefrenable de cociñar e comer… e desfrutar da comida…

“Tengo pésimo oído , soy incapaz de tararear Cumpleaños feliz, pero puedo evocar sin vacilación el chisporrotear del aceite al freír cebolla; el ritmo sincopado del cuchillo picando verduras; el borboriteo del caldo hirviente donde dentro de un instante caeran los desdichados mariscos ; las nueces al partirlas, la paciente canción del mortero moliendo semillas; las notas líquidas del vino al ser escanciado en las copas ;el chocar de los cubiertos de plata, el cristal y la porcelana en la mesa; el murmullo melodioso de la conversación de sobremesa, los suspiros de las velas que iluminan el comedor…”

Isabel Allende. Afrodita.

Eu creo que todos os que temos un blogue disfrutamos coa comida, ata que cheguei a este mundo, non podía imaxinar tamaña mostra de xenerosidade, xente que amosa os seus segredos e os comparte creando desexos irrefrenables de aprender a cociñar cousas novas , contribuíndo á felicidade colectiva, claro , acaso as nosas familias non son máis felices cando cociñamos para elas cousas exquisitas, cando os sorprendemos con agasallos marabillosos en forma de doce ou de sopa.. no meu caso, moita xente é feliz…

Hoxe traio unha desas receitas de desexos irrefrenables e toda unha loucura por saborear cun café ben quente ,agora que por fin fai frío, o que sen dúbida é o mellor que finxen en bolleria , que non foi moito a verdade .. pero saíronme tan ben, e están tan ricas, que xa as fixen tres veces…

Ingredientes:
-250 grs. de leite
-50 grs. de manteiga
-50 grs. de azucre
-20 grs. de fermento prensada
-1 cucharadita de sal
-500 grs. de fariña de forza
-Ovo para pintar a masa
-Recheo ao gusto, eu usei nata montada

Amornamos o leite un pouco no microondas e nela, desfaremos o fermento prensado. Despois engadímoslle a manteiga e o azucre e mesturamos ben.
Nunha amasadora ou panificadora, poremos a fariña tamizada xunto á cucharada de sal e engadirémoslle a mestura anterior.
Eu usei a panificadora do Lidl co programa 7 , teño que dicir que o poño dúas veces , fago un dobre amasado.
Deixaremos repousar a masa uns 15 minutos dentro do recipiente, tapándoo.
A continuación dividimos a masa en porcións, e deixámola dobrar de volume de novo antes de metelos ao forno, prequentado a 180º, pintaremos a masa cun ovo batido.
Forneamos uns 15 minutos ou ata que estean douradas.
Deixamos arrefriar e enchemos ao gusto.

lunes, 17 de octubre de 2011

Torta Mousse de Turrón

Despois de comezar a rutina , o cole, os traballo no centro novo definitivamente, volvo a ter obreiros na casa.Eu non sei a vos , pero a min as obras descéntranme moitísimo e así estou coa casa chea de carpinteiros, albaneis e pintores e de novo tiven que fuxir a casa dos meus país.
Así que a miña costela e eu xunto cos nenos , non somos capaces de recuperar un mínimo a nosa vida, espero que hoxe marchen e librarnos deles dunha vez por todas .
Polo menos quédame o consolo de que a casa nos esta quedando preciosa e que teño un montón de sitio novo e máis luz… estou nunha etapa na que a luz é fundamental na miña vida …adoro a luz .
A receita de hoxe é unha desas “anclaxes “ gastronómicas que sempre me apetece facer.. lembro cando decidimos casar , todos os preparativos da voda recaeron en min , por aquel entón , o traballo da miña costela non lle permitía moito tempo libre, cando nos entregaron as propostas de menú na casa rural elixida , non incluían proposta de torta nupcial xa que nos dixeron que iso era tan persoal que preferían que nós escolleramos a confiteria e a torta e que eles se encargaban de encargala, recollela e adaptala a un pastel de vodas .
Entón sorpresivamente o meu “Costillo” decidiu sen pensalo que a torta tiña que ser de Mousse de Turrón da Confiteria El Molino de Vigo, Mousse de turrón en Marzo.. bueno….
A torta resultou un éxito , como colofón a unha cea marabillosa , nun día frío de finais de Marzo nun entorno tan bucólico como no que se desenvolveu a voda.. así que esta torta tráeme recordos estupendos , fíxena para un pícnic especial de domingo , algo que nos deixara estar xuntos e pasar  un magnifico día , este é o resultado antes de levala a un taper, e antes de servir de sorpresa de Almorzo para a meu marabilloso marido.
Ingredientes para 8 porcións:


Para a base de bizcocho:


1 ovo mediano

30 gr. de azucre

30 gr. de fariña

1 molde antiadherente de 20-22 cm.



Para a crema:


200-250 gr. de turrón de Jijona (brando)

400 gr. de nata montada

2 xemas

50 gr. de azucre

100 ml. de leite

6 follas de xelatina




Elaboración:


Para facer o bizcoito: nun bol mediano bater moi ben o ovo co azucre.
Engadir a fariña e mesturar ata que non queden grumos.
Verter sobre o molde e fornear 8-10 minutos a 180º (colocar na parte baixa do forno).
Pór as follas de xelatina nun vaso grande con auga.
Para facer a crema: desmenuzar o turrón, cun coitelo a anaquiños pequenos.
Nun pote mediano quentar o leite co azucre, a lume medio, até ferver.
Retirar do lume engadir as xemas e remover ata que se integren completamente.
Engadir as follas de xelatina escurridas e remover ben.
Engadir o turrón, volver polo a lume medio e remover ata que se derrita.
Deixar arrefriar 30 minutos, engadir a nata e mesturar, con coidado, ata que se integre ben.
Verter encima do bizcoito, tapar con papel de filme e meter no conxelador.
Antes de servir, desconxelala 2 horas antes e decorar co chocolate.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Ladairo

Estamos en plena vendima e fai uns dias se concedía o premio o mellor tinto de Galicia , curiosamente a un que dende fai un tempo se converteu nun dos meus viños favoritos.

O blogue , chamase Comer, Beber, amar... e curiosamente aínda non atopara o momento para falar de viños.. que Ladairo fose o premiado dáme pe a facelo .

Descubrín Ladairo polo meu xefe que mo recomendou nun xantar de traballo, así que cando tiven oportunidade probeino..Ao que lle gustan realmente os viños en casa é a miña costela , ao que lle encanta tomarse un viño tranquilamente preferiblemente os venres pola noite... así foi como quedamos prendados deste tinto con peso , con padar profundo e aromas de terra.. lembra ós tintos portugueses do Douro e deixa un pouso especial ó final.. unha regalía , totalmente recomendable.. probádeo.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Empanada de xoubas.

Setembro  e o seu sol serodio fan de Galicia un paraíso , eu teño a sorte de vivir nun , encántame a cor das arbores , a calor morna do sol o anoitecer... paréceme un pequeno agasallo da natureza antes de encerrarse en si mesma como unha muller cando descubre que esta grávida.

Desembarquei no traballo como un ciclón e sen apenas pausa, estou a tope, de cero a cen sen tempo de pensar...pero ben ... as vacacións foron , tranquilas , estupendas diría eu .. con tempo para recuperar costumes  e ler ... as vacacións dan tempo, o tempo vale tanto... cando non o posuímos.

A receita de hoxe forma parte dunha merenda de vendima, en Galicia, cando menos onde eu son,  é tradicional darlle a merenda ós xornaleiros e a xente que traballa para un nunha tarefa, ven sexa no millo , na seca ou na vendima..

Esta empanada é favorita de miña avoa, antes cando podía camiñar ben e estaba forte, soia ir a praza  calquera día da semana, a mercar xoubiñas para empanada que logo preparaba con mimo para todos nós que cando eramos nenos non apreciabamos moito a verdade.. pero agora é un manxar espectacular so comparable a empanada de zamburiñas .

Esta receita é semellante a súa , esta un pouco tuneada teño que dicilo , emprego unha fariña integral que merco no Eroski , que misturo con fariña de forza o que fai que a masa sexa esponxosa case como comer nubes .. unha marabilla de masa a verdade , ademais de preparala na panificadora , que grazas a Cristina descubrín fai un tempo.

Vou coa receita;

Ingredientes

Para a masa:

250g de fariña de trigo de forza
250g de fariña de trigo integral
250ml de auga morna
100ml de aceite
20g de fermento fresco de panadaría
2 cucharaditas de sal

Para o almoado:

1 cebola grande picada.
500 gr de xoubiñas
Un dente de allo.
Azafrán ou colorante
Sal.


Modo de facer:

Preparar o almoado é dicir fritir a cebola , con dúas ou tres xoubas o dente de allo picado e o azafrán ata que este feita.

A masa preparámola na panificadora ,colocamos todos os ingredientes líquidos na cubeta e a continuación os sólidos. Programa 6, que consta dun amasado e un levado.
Cando este lista , dividímola en dúas , estirámola e colocámola nunha bandexa de forno previamente untada con aceite , estiramos o almoado  e colocamos as xoubas tal e como se ve na foto, despois estiramos a outra masa e colocámola enriba , sellamola e pintámola con ovo batido , facemoslle un furado no medio e metémola no forno 25-30 min a 200.
Lista e exquisita.

viernes, 9 de septiembre de 2011

AIG 2011


Creo que na miña cabeza agora mesmo esta soando  “Oh Blanca navidad… sueños .. la.. la.. lara …”
No me digades que si pechades os ollos non podedes escoitalo… estou tan emocionada con isto do AIG 2011 como unha nena con zapatos novos.. paso por un escaparate e penso.. “ummm isto para o AIG” ou estou na ducha e  ocorréseme que debería enviar chourizos , chourizos galegos envasados ó valeiro.. claro .. non imaxino os de correos  cun paquete que cheire a chourizos…
Isto conto porque na miña casa cando se ia de visita a ver ós nosos familiares emigrados en Alemania , México ou Brasil ou cando eles viñan , escondíanse os chourizos e o lacón dentro da bolsa dos calcetíns sucios … era toda unha película que miña nai e miña avoa  argallaban para cruzar a fronteira… así que o meu AIG , creo , que levará chourizos…
Teño que agradecer moitisimo a Jo que vive en Londres y que se esta a esforzar para que isto sexa un éxito dende o seu blogue mis recetasbordadas e a Carol por diseñar o logo, tamén a Bea e a Ana por comezar con todo isto.
Que ganas teño de que chegue o meu AIG e como me ilusiona preparar o meu… GRAZAS!!!

lunes, 5 de septiembre de 2011

Torta tatin de pera


Xa estou de novo aquí , este foi un verán longo, precisaba moito un descanso, demasiadas cousas e demasiadas tarefas nun ano no que curiosamente decidín comezar co blog e a vez tiven unha inusitada crise coa cociña... non me apetecía nada cociñar , así que este agosto decidín reconciliarme coa cociña e coa vida.... tamén abandonar un pouco a dieta creo que axudou...

Eu son das que lle encanta setembro... das que lle gusta sensación de rutina e control que nos aporta , pero non me digades que non custa pórse o día de novo, acostumar os nenos a madrugar , a ter algo de rutinas .. non sei....debemos acostumarnos de novo a todo.

Este foi un verán de moita froita , moitos tomates, moras.. etc levo unha semana de conserveira.. Ja!ja! Facendo pisto de tomate e cabaciño en conserva .. marmelada de moras .. de pera.. doce de marmelo de mazan .. en fin que me dou forte....

Grazas un esceso de produción de peras , o meu pai doulle por plantar pereiras , xurdiu a torta de hoxe, sin duda a cousa máis rica que comín en moitísimo tempo...

A torta tatin é froito dun erro culinario dunhas irmans francesas que se equivocaron en facer a torta de mazan ... quedando esta convertida nun clásico da gastronomía francesa.

No meu caso o tatin é de Pera , tiña as miñas dubidas ... pero disipáronse co primeiro bocado ... todos os da miña casa sin dudas deron a súa aprobación... o tatin é magnifico....

Receita

As cantidades son orientativas, pois dependerá do tamaño do molde. Eu utilicei un de 22 x 5ctm.

Ingredientes:

1 e 1/2 kg. de peras
100 gr. de manteiga
150 gr. de azucre
1 limón
Canela ou azucre vainillado

Ingredientes para a masa brisee:

225 gr. de fariña de repostaría
125 gr. de manteiga
1/2 cucharadita de sal
40 ml. de auga
Elaboración da masa:
Formar un volcán coa fariña e colocar no centro o sal e a manteiga en trocitos. Traballar até obter unha masa arenosa e engadir a auga para unir e formar unha bóla. Cubrila de papel filme e deixala repousar 30 minutos no frigorífico. Estendela cun grosor de 3-4 ctm.
Elaboración do recheo:
Embarrañar o molde elixido con 75 gr. de manteiga e esporear 50 gr. de azucre.
Tamén podemos facer o caramelo a parte eu son partidaria disto ultimo , xa que me gusta a tarta mui húmida para que o caramelo quente se mezcle co xeado de vainilla co que me gusta comela, é unha delicia de verdade.
Preparades o caramelo a parte e logo colócanse as peras peladas e cortadas nun molde tipo pírex , o tradicional é facelo nunha sarten, pero pode ser colquer molde, as peras o revés para que o darlle a volta quede a parte bonita quede cara fora, eu metinas un pouco no forno co caramelo e logo púxenlle a masa e rematei de cocela.Unha delicia!!!

martes, 26 de julio de 2011

Oreo cupcakes

Hoxe estou un pouco tristona a pesar de que me quedan so tres días para coller vacacións , debe ser que a miña costela vai estar fora esta semana, cada vez levo peor estar separados..
Así que teño un pouco melancólico aínda que voltou o sol e tan so debe ser cuestión de saír de aquí para animarme…
A receita de hoxe tíñaa gardada dende fai tempo , fíxenos para Vicki unha compañeira da oficina, que se ia , encantáronlle a todos , iso que os fixen as presas.. . pero levan o toque máxico da purpurina comestible que lle da así como un plus de calidade… preciosos…a receita collina de varios sitios pero as miñas inspiracións foron Alma e Mis galletas y otras cosas e a festa de cumple de Bosco…Un bico para elas… tamén a Neo benvida a Caldebarcos … ufff non sei como puiden resistir sen as túas receitas este tempo…, en fin .. gracias a todos os que me visitan e me comentan.. encantame compartir cociña con todos vos é unha honra

 A receita.
Ingredientes:(para 12 unidades)
Para as cupcakes:
1 iogur natural
1 medida de aceite de girasol
2 medidas de azucre
2 medidas de fariña
1 medida de galletas oreo trituradas ( eu poría 1/2 de fariña e 1/2 de galletas)
3 ovos grandes


Para o frosting:

150 grs de queixo de untar
100 grs de azucre glass
4 galletas oreo trituradas

Para a decoración:
Galletas mini oreo.

Preparación:
Montar os ovos co azucre, ata que dobren o seu volume.
Engadir o iogur e bater.
Engadir a fariña e integrar
Engadir o aceite ( remover suavemente ata que se incorporou)
Engadir as galletas trituradas, suavemente.

Precalentar o forno, e pór a 180º, entre uns 15 ou 20 minutos

domingo, 17 de julio de 2011

Tarta de queixo ó forno.

Quen non ten unha  Carme na familia, eu teño tamén, e hoxe estou a preparar un xantar na súa honra , algo sinxelo , para os da casa, como a ela lle gusta.

Hoxe , neste verán Cantábrico que estamos a ter apetecíame cociñar algo sinxelo, pero con sabor .. non sei como un amago de voltar a infancia, de sentirnos protexidos ...

Esta tarta de hoxe á algo así , sinxelo pero exquisito a esencia da cociña familiar, cun anaco desta tarta é un café parece como si nada malo puidera acontecer...

Esta é un receita de domingo desas que deben acompañarte sempre para recurir a elas cando precisas consolo..

La tensión se aflojó poco a poco. Ella tomó entre sus manos la oscura cabeza de su amigo y lo miró. Sonrieron aliviados, divertidos, temblorosos, seguros de que no intentarían una aventura fugaz porque estaban hechos para compartir la existencia en su totalidad y emprender juntos la audacia de amarse para siempre.
Isabel Allende




Ingredientes:


5 ovos L
250 gr de queixo de untar
200 de nata liquida
200 de creme fraiche ou nata agria
2 iogures naturais , no meu caso iogurt grego.
3 vasos do iogur de azucar
2 vasos de fariña
1 vaso de leite
manteiga para untar o molde.


Modo de facer


Encender o forno 180ºC
Untar o molde coa manteiga
Mesturar todos os ingredientes e bater 
Verter a mestura no molde e deixar por 40 min ou ata que vexamos que esta .