miércoles, 30 de marzo de 2011

Mini Banoffe pie


Estes dias estiven superliada co traballo e coa nena que se puxo maliña.. e enriba volveu a choiva para recordarnos que ata o 40 de Maio non te quites o saio. Na cociña tirei de conxelador e de potaxes , que con este frío non van mal e de postres nada… busquei en varios sitios unha barra de turrón blando desesperadamente e acabei mercando de todo menos iso… cobertura de chocolate de doctor oetker., marmelada de figo para facer a ensalada de Tito que tal e como el explica no seu Blogue alí estaba esperándome no super do corte Inglés.. en fin que vou contar ,cápsulas para muffins etc etc….   Hoxe creo que vou comezar unha categoría nova que xa vin noutros blogues “Tortas con nome” non sei se é propio pero é así… Teño un amigo escritor , xornalista , co que o outro dia tiven unha conversa moi interesante sobre a maneira en que os seres humanos “Etiquetamos” somos isto ou o outro….el definíase como un “ninguén” o que eu respondinlle que para un “ninguén” eu tiña ” nada” , creo que non lle fixo moita gracia a miña conclusión… a aínda que este de acordo con el no fondo creo que as etiquetas dan seguridade , por iso a xente recorre a elas , como un salvavidas,, como un paraugas , eu son isto ou o outro… gústame isto ou o outro … sempre marcando unha liña… non sei… quizais Diego teña razón….


Esta Mini banoffee pie é para dúas persoas desas que a vida che regala de vez en cando.. dúas amigas novas que coñezo dende aí pouco e coas que habituralmente tomo café, quizais ,sen nada máis en común que a etiqueta de Mulleres con idades similares e fillos, este Banoffee tamén é peculiar como a miña amizade con elas que comezou sendo eu a orientadora laboral de cada unha por separado..e aínda non sei cando se encontraron e me involucraron nesta historia de amizade cruzada  o caso é que o Banoffee é para o café da mañan…




  Modo de Facer… 
Xa dixen que o meu Banoffee era peculiar … Mini en todo caso….

Ingredientes: 
1 plancha de hoxaldre do lidl
1 bote de doce de leite. 2 plátanos maduros 
1 bote de 200 ml de nata liquida para montar.
Canela , fresas e virutas de chocolate. 

Modo de facer…  

1-    Cortar a masa de hoxaldre cun corta pastas e introducila no forno , 20 min a 200 gd pinchada un pouquiño cun garfo.
2-    Unha vez este fría untar as tortiñas de hoxaldre con doce de leite.
3-    Colocar o plátano en rodaxas finas enriba
4-    Montar a nata a punto de neve e colocala enriba do plátano decorar ó gusto.

  Din que a Banoffe era a tota favorita da Princesa Diana de Gales….e non me extraña porque son unha autentica delicia…. Non saberla como describilo pero san doados de facer e taaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaan ricos……

martes, 22 de marzo de 2011

Madalenas de Mandarina e sol.

Estes dias estan sendo un regalo do ceo , ou como di a canción dos delincuentes “ La primavera trompetera  ya llegó” que ultimamente non fago máis que tararear .. así que co sol e as altas temperaturas non apetece moito cociñar pero para min esta receita de Bea é un luxo na cociña así que as fixen para levar ó traballo e inaugurar así ou novo centro...
Este fin de seman celebrei ou meu aniversario de voda ,resultan curiosas certas cousas como por exemplo que el escollese a sobremesa, unha torta de voda de mousse de turrón , enorme e riquisima , queria cociñar esta torta para el pero este fin de seman foi imposible pero prometin facela e por suposto colgala non blogue.. curiosamente estou lendo un pasaxe de Afrodita que sen saber porqué recorda ó matrimonio e as madalenas...

 “Cando o marido e o amante son a mesma persoa, tal vez pérdese parte da diversión pero hai máis tempo para ver peliculas, gústame ver peliculas... (...) Foi un ano feliz,porque para que floreza o erotismo non bastan os guisos estimulantes, tamén é indispensable crear un ambiente onde se regocixen os espíritos e non haxa lugar para palabras adversas , humores melancolicos e quebrantos....”

                                                           Isabel Allende

As veces ese ambiente son unhas simples e exquisitas madalenas de mandarina e un café nunha mañan soleada de marzo nunha primavera que non cesa ....esperando un outono xuntos. Grazas....


Receita de Bea.

NGREDIENTES:

1 mandarina
2 ovos e 2 claras (até completar 200 gr.)
200 gr. azucre
200 gr. aceite de oliva
220 gr. fariña de repostaría
1 belisco de sal
1 sobre de po de hornear (Royal)
Azucre para espolvorear

PREPARACIÓN:

1 –Misturar nun bol a pel da mandarina, ben limpa e seca, sen nada de branco , o azucre e os ovos e bater ata esponxar e dobrar o volume
2-Engadir os anaquiños da mandarina, aos que lle quitamos as pebidase a pel ,chafados cun tenedor
3.Verter o aceite e mesturar
4- Engadila fariña, po de hornear, o sal e mesturar
5- Verter esta mestura nos moldes de silicona, enchéndonos ¾ partes e deixar repousar no frigorífico 30 minutos.
6-Prequentar  o forno a 250º.
7-Antes de fornear espolvorear as madalenas con azucre.
8-Introducir no forno e inmediatamente baixar a temperatura a 220º.
9-Fornear aproximadamente durante 15 minutos.

viernes, 18 de marzo de 2011

Muffins de Mazan e canela con Capuchino Dolce gusto

Por fin é venres… levo unha semana liada , liada  … destas que parecen non rematar nunca.. así que non esperedes una receita marabillosa , porque todo o marabilloso que houbo esta semana foron guisos desconxelados e potaxes preparados na miña fussión.
Hai dous momentos de máximo traballo para min e marzo tradicionalmente é un deles, porque comezan moitas cousas, unha nova temporada de formación , novos alumnos , novas clases.. novo centro.. uffffffffff que me agobio so de pensalo…
Por isto máis que nunca a cociña é un bálsamo para a alma e unha destas tardes mentres a miña bebe via a BOB (Adoro a Bob esponja) e o meu neno facía os deberes atopei un oco mentres o acompañaba na mesa da cociña para preparar estes muffins , creo que non hai nada máis doado que os muffins e nada máis rico .. . estes sono particularmente.

É curioso que por separado o sabor da canela e o sabor das mazas non me gusten nada ou non me encanten e que xuntos sexan unha composición xenial , como unha melodía perfecta.
Esta receita saqueina dun libro precioso que teño sobre Muffins , o dos libros de cociña é unha obsesión preocupante .. non podo parar de mercalos , nin de ler .. é habitual verme no sofá sumerxida nunha receita como se lese o máis estupendo libro de García Márquez … cousas que ten a vida , en outros momentos  obsesionabanme outras cousas .. agora … despois do que pasou estes días e como reflesión de café e muffin creo que temos a obriga de ser felices sempre que estemos sanos , que temos a necesidade imperiosa de deixar un mundo mellor para os nosos fillos  .. que a vida ten ese punto escuro da canela e o agridoce da mazan pero que sen saber como, poden casarse e combinar nunha marabillosa melodía perfecta ….

Ingredientes:
250 gr de harina con levadura.
1 pizca de sal
1 cucharada de canela
1/4 de cucharada de noz moscada
125 gr de azúcar moreno
125 gr de mazan
1 ovo
250 ml de leite
30 gr de mantequilla
·         Azucarillos de azúcar moreno desmigados con canela




Modo de facer.
1-Misturar nun bol todos os ingredientes secos.
2- Mesturar en outro bol ,os ingredientes “húmidos” : O ovo batido , a mantequilla derretida e o leite.
3-Misturar os ingredientes nun so bol con movementos rápidos , non fai falla que estean ben mezclados xa que logo no forno xa se fan ben.
4-  Unha vez recheadas as cápsulas ou os moldes cubrir cos azucarillos de azúcar moreno desmigados con canela
5-Introducilos en moldes ou en cápsulas para muffins no forno prequentado  a 180gr durante 20-25 min.

lunes, 14 de marzo de 2011

Mini Cake de Coco; versión da torta da miña avoa Concha

Rematou o Entroido e con el as enchentes de comida, xantares e ceas cheos de viandas propias desas datas; cocidos , grelos , lacón, filloas e vinchas como non..
Esta fin de semana estiven na festa do queixo de Arzúa co seu marabilloso Arzúa –Ulloa , trouxen 2 queixos estupendos cos que prometo cociñar algo exquisito .. . como o mesmo queixo… pero hoxe toca outra cousa , unha homenaxe a outros Entroidos, unha pequena homenaxe a terras máis cálidas … e tamén a miña avoa da que sen dubida herdo este gosto pola cociña, ela é a miña mellor crítica aquela que cos seus 86 anos é capaz de opinar como os mellores críticos gastronómicos sobre sabores e pousos dos sabores coma toda unha profesional, ela ensinoume a torta de hoxe e con ela a cociñei …fíxolle unha ilusión tremenda xa que creo que en toda a nosa infancia levamos tal enchente desta torta que facía moito , moitísimo,tempo que non a cociñabamos e cando lle dixen que a ía facer , presentouse na cociña disposta a axudar .
Este sobremesa era a tradicional da miña casa , aprendeullo  a miña avoa , a súa cuñada de Brasil e dende aquela cociñábao nas festas nun molde enorme como de empanada para despois cortalo en cadradiños que desaparecían xusto despois de ser servidos, entre charlas e cafés despois do xantar .


Así que o outro día lembreime del e propúxenlle a miña avoa facer o seu pastel e así foi como quedou , en realidade cociñamos dous un , o que vedes nas fotos e outro ó xeito mais “tradicional” o que ela habitualmente cociñaba .

Ingredientes:
-Unha prancha de masa de hoxaldre do lidl.
-250 gramos de coco rellado.
-200 gramos de azucre branco.
-4 ovos normais.
-Coco teñido de vermello para decorar.

Modo de facer:
-Recubrir un molde con masa de hoxaldre.
-Misturar nun bol o coco o azucre e os ovos, miña avoa fai un volcán co coco misturado co azucre e logo engade os ovos como se fixese unha masa, mistúrao ben e vérteo sobre a masa de hoxaldre.
-Pintar cun ovos os laterais da masa de hoxaldre.
-Meter no forno prequentado a 180 grados durante 30 minutos.
Para tinguir o coco de vermello introducilo nunha bolsa de plástico cunhas gotas de colorante vermello e encher de aire e movelo para que se impregne do colorante e xa esta e case máxico.

lunes, 7 de marzo de 2011

Vincha de Entroido

Eu son dunha terra alta , da montaña dende onde se ven as Illas Cíes cando fai bo dia .
Nesta Terra alta case máxica as comunicación fluían dende o mar polo camiño que levaba dende a costa ata o Mosteiro de Oseira en Cea ,Ourense , este camiño tamén servía para traer o viño do Ribeiro o Mosteiro de Poio , todo moi eclesiástico como podedes ver… pero as nosas antepasadas ,as mulleres, tamén se intercambiaban saberes , un deles é a Vincha , un doce místico gardado con sixilo de xeración en xeración coma un mantra para espantar os males no Entroido.

A Vincha é un doce típico de Entroido na Terra de Montes , pero tamén o é na zonas limítrofes entendemos que por esas cousas do amor e outros misterios nos que a xente ía e viña…
Teño que dicir  que eu non apreciei a Vincha ata agora, ufff o tema de que se fixera na “Vexiga “ do porco , tirábame par atrás , é agora cando as cousas van morrendo cando se parecía máis os saberes tradicionais , aquilo que non queres que se perda así que este ano miña nai tíñame unha sorpresa reservada que eu celebrei con euforia.
Por motivos de traballo este ano perdinme a matanza na miña casa , dia que antes detestaba e do que agora gozo como unha nena na cociña , cousas da vida… pois o que dicía miña nai e miña sogra lembráronse da marabillosa “vincha” e iniciaron o marabilloso proceso de elaboración desta sobremesa , que consiste en recoller a vexiga do porco , lavala , limpiala ben e enchela de aire como se fose unha pelota , logo deixase curar ó fume igual que os chourizos .
Para o tempo de Entroido a “Vincha “ esta curada  é por isto que é un doce desta época , así que as mulleres da miña casa este sábado comezamos a elaboración da Reina do Entroido.


Ingredientes:
Unha vexiga (vincha) de porco.
12 ovos
750 gramos de azucre
1/4 litro de leite
1/4 kilo de pan consistente
2 cucharadas de manteca de vaca ou manteiga
limón, canela,sal, anís e un puñadiño de pasas de Corinto.

Modo de facer:
1-            Cortar o pan en anaquiños pequeniños ( nesta labor poden participar todas)
2-            Temperar o leite co azucre e a canela e un chisco de sal e a manteiga.
3-            Vertelo sobre o pan e remexer coas mans , engadir as pasas e un chisco de anís deixar repousar este almoado 3 horas como mínimo.
4-            Abrimos o globo da vincha con un corte por debaixo e racheámolo co almoado e depois cosemos e introducímola nunha pota de auga a ferver durante dúas horas.
5-            Esperamos a que enfrie, quitamoslle a vincha como se fose unha pel  e servimos.


A feitura na Vincha apórtalle unha textura mais xugosa e compacta e un sabor e un aroma exquisito , pero tamén pode facerse no forno untando a forma con caramelo liquido ó modo de pudin Inglés, en fin o que antes era unha comida popular de aproveitamento de restos , hoxe é unha “delicatesen”.

jueves, 3 de marzo de 2011

Torta fondant para Alba

Este sábado pasado paseime a tarde preparando unha marabillosa torta para unha nena tamén marabillosa , toda ela é como un milagre que naceu despois dunha inmensa traxedia , a nena Alba , que nos recorda co seu nome que o seu nacemento foi o rexurdir dunha nova época , mellor , máis feliz.

Alba é a mellor amiga do meu fillo e os seus pais son dos mellores amigos que un pode ter,por todo isto tentar facer un bolo perfecto é o mínimo para esta nena-duende que ten algo especial.

Dicir que o pastel estaba boísimo , boísimo , tanto que na cea case o comemos todo .
No verán é habitual que un grupo enorme de amigos nos sentemos ó redor dunha mesa en “Casa Paco” , o pai de Alba,
Paco é moi de churrascos multitudinarios ou do libro “La cocina Gallega “ de Alvaro Cunqueiro , libro o que vai botando vistazos mentres fai o que lle da a gana , o caso é que as CEAS e xantares en casa Paco son deses privilegios que che da a vida..

Así que neste Blogue será habitual que faga referencia a estas pantagruélicas cuchipandas nas que nos fartamos de comer e as veces incluso de beber.

Famosas son as Feijoadas e as mariscadas , famosa tamén a competición por traer o mellor viño ou os dátiles con bacón de fin de ano…

Pero esta vez tocaba unha torta para Alba como escusa para unha cea de amigos..

Ingredientes:

-225gr. de mantequilla a temperatura ambiente.
-225 gr. de azucre.
-1chisco de vainilla.
-4 ovos xl
-200 gr. de fariña con levadura.
-30gr. de maicena.
-1 cuchariña de bicarbonato.
-6 culleradas de leite.

Modo de facer:

1-        Bater a mantequilla co azucar ata esponxar e dobrar o tamaño.
2-        Engadimos os ovos, un a un , sen incorporar o outro ata que o anterior este integrado.
3-        Incorporar a vainilla.
4-        Tamizamos a fariña coa maicena e o bicarbonato e misturámola pouco a pouco sen baixar a masa , por ultimo engadimos o leite.
5-        Metemos no forno , prequentado a 180 gr. durante 25 min , abrimos e comprobamos que este feito.
6-        Sacamos e deixamos arrefriar sobre unha rexilla.


Recheo

Ingredientes:

Fresas cortadas en rodaxas finas
Marmelada de fresa
200 de nata montada
4 cuchariñas de auga


Cortamos o bizcoito pola metade e cubrimos con marmelada con un chisco de auga para que o almíbar resultante penetre no bizcoito , despois extendemos unha capa de fresas e a nata  e por ultimo outra capa de fresas , xa sei que non é moi ortodoxo pero a min gústame así


Para o fondant seguín o paso a paso estupendo de Cristina de Kanela e limón e despois de moito experimentar co Fondant entendín que hai que empreñar o dobre de azucre glass que de nuves , e este foi o resultado podía ser mellor pero bueno o que conta é a intención….

martes, 1 de marzo de 2011

Mousse dos chocolates

Dende a miña véntana vexo a silueta perfecta das arbores no solpor e ó fondo o mar , creo que ter un despacho con estas vistas é impagable, lástima que nos mudemos..
 Estes días ten sido un agasallo a pesar do frío da gusto erguerse pola mañan  e ver o sol , un sol precioso por certo…
Este bo tempo convida a todo incluso a volver namorarse, irradia felicidade …
Eu ando a voltas co blogue, quero que sexa livián case etéreo , pero descubrín que hai pcs onde non se ve a letra das entradas , non sei moi ben que facer.. xa verei…
Xa vos dicía que estou relendo Afrodita , e estes días vin a receita dunha mouse de chocolate branco e negro en varios blogues especialmente a preciosa receita de Sara  e acordei que seria a receita perfecta para un marabilloso chocolate branco que gardaba con esperanza de atopar un bo momento … ningún como unha sobremesa  de domingo , con sol e cheiro a rosas de Bulgaria…
Aínda que neste tempo en Galicia florecen as Camelias e todo ten unha languidez especial como esta flor , nas fotos a preferida da miña nai..
Agora vai a receita da Mousse

Ingredientes para 4 copas :

50 gr de chocolate negro non moi forte.
50 gr de chocolate branco.
63 gr de mantequilla
35 gr de azúcre
2 claras
1 xema
250 gr de nata para montar
1-Quentamos ó baño María o chocolate branco ata que se derreta , engadimos a metade da xema e a metade da mantequilla , mesturamos ben , se o chocolate é rico en graxa non pasará nada senón teremos que engadir un pouco de nata .
2-Facemos o mesmo co chocolate negro e engadímoslle tamén a metade da xema e a mantequilla mesturando ben .
3-Batemos as clara a punto de neve .
4-Montamos a nata .
5- Cando xa as mezclas dos chocolates esta temperadas  mesturamos paseniñamente a metade das claras e a metade da nata con cada chocolate.
6-Montamos as copas.

" Es el postre afrodisíaco por excelencia , de rigor en los buenos restaurantes y una invitación formal al amor:Hay muchas versiones de estes postre(..) .Si se les desmorona , no haga comentarios finja que quedó exactamente como pretendia y lo sirve en copas, Si  aun  así no queda presentable, úselo como loción para masajes sensuales"

Isabel Allende. Afrodita.