martes, 22 de noviembre de 2011

Patacas recheas de cogumelos

Eu son un desastre.. teño que recoñecelo, ando sempre en todos os fregados , teño o grupo de Pandereteiras, a Anpa da escola infantil, a Asociación cultural, a de veciños, o concello.. un lio , o traballo que me quita moitísimo tempo e os peques os que intento non roubarlles un minuto.. aínda que as veces é imposible…tempo de calidade…
Vamos que estou en modo “Mama” total… eu son unha desas mamas que a pesar de por límites, son permisiva e amorosa creo….
En casa son eu a que cociño, temos as tarefas repartidas, eu tómome a cociña como un acto de amor, planifico menús para as festas e coido cada pequeno detalle , gústame faime feliz, creo que xa o dixen moitas veces…
Agora teño un novo reto persoal.. de momento os retos son conmigo misma… aínda non atopei a ninguén que queira acompañarme, cociñar algo rico con algo que a priori non lle gusta a ninguén en este caso o Brócoli.
Mercouno o meu marido en plan “ Hai que comer verdura” e eu ufff e agora como fago o brócoli para que os peques e os non tan peques se coman todo , así que preparei  estas  patacas recheas  inspiradas nas que me facía miña nai cando eu era pequena, espero que vos gusten, as veces os pratos máis simples poden converterse nun luxo de sabor.

Ingredientes (4 persoas)
4 patacas
1 cebola branca
100 g de champiñóns
70 g de beicon ou touciño entrefebrado afumado
100 g de queixo parmesano
40 ml de leite de vaca enteira
50 g de manteiga
1 ramallete de perexil
2 ovos de galiña
sal
pementa
Brócoli cocido ó vapor.
Queixo raiado.
Salsa de tomate para decorar o prato.
Así se fai:
Asamos as patacas coa súa pel e unha vez asadas baleirámolas eu aseinas na fussioncook, reservando a súa pulpa.
Facemos un puré coa pulpa da pataca.
Engadimos ao puré de pataca a manteiga, o leite e as xemas e batemos até elaborar unha masa homoxénea e cremosa.
Salteamos nunha tixola con 2 cucharadas de aceite de oliva a cebola cortada en brounoisse (picadillo en cadradiños pequenos) e os champiñóns fileteados, uns 10 minutos.
Noutra tixola fritimos o bacón ata que cruxa.
Escurrimos da súa graxa e incorporamos o bacón, os champiñóns, a cebola, o queixo rallado e perexil e mesturamos co puré. Salpimentamos.
Batemos as claras a piques de neve e mesturamos co puré.
Enchemos as patacas con esta mestura , cubrimos con queixo e forneamos durante 15 minutos a 200º C ata que se gratinen.

lunes, 7 de noviembre de 2011

BUNDT CAKE DE RON CON CHISPAS DE CHOCOLATE

“ Hay manos de manos , unas pesadas y torpes, otras pequeñas y fuertes , las hay livianas y temerosas , otras grandes y gentiles , pero para hacer pan y para hacer el amor lo que importa es lo que guía a la mano” 


Isabel Allende . Afrodita.


Compreime un molde de Bundt cake precioso que trouxo un mensaxeiro e que asombrado, pagou o meu marido.. e agora que…..? Que outra cousa sácache da cabeza ?
Desconfiado é pouco .. cando probou o Bundt , el que non é nada amigo dos biscoitos ..non lle quedou máis que sucumbir .. entón tiven que falarlle de Bea unha vez máis e de como alguén que non coñeces pode converterse na túa mentora culinaria como na famosa peli ...

Dende que teño o molde é un non parar cada domingo unha nova receita a cada cal mellor ... non sei por cal decidirme aínda.... xa teño encargado o meu agasallo de Nadal e creo que por esta esta vez non protestará en que sexa algo para a cociña.. .. ata esta encantado coa idea de colgalos da parede da cociña cal Bea....

Novembro para el é un mes triste .. perdeu a seu pai e a súa avoa neste mes.. levo días dándolle voltas e todos os días deste mes cociñarei algo especial para el.. niso consiste o amor .. e eu ámoo máis que a nada....


INGREDIENTES:

250 gr. manteiga
300 gr. azucre
420 gr. fariña todo uso
1/4 cucharadita bicarbonato sódico
1/2 cucharadita sae
250 ml. buttermilk ( soro de leite *1)
2 cucharaditas extracto de vainilla
4 ovos
1 xema
60 ml.  de ron , no meu caso , Bea ponlle Bourbon.
100 gr. noces picadas (*2)
100 gr. pepitas de chocolate

MODO DE FACER con Batedora

Prequentar o forno.
Engrasar un molde bundt de 25 cm. con manteiga ou spray.
Tamizar a fariña, bicarbonato, sal e reservar.
Mesturar o buttermilk,ron e extracto de vainilla.
Nun bol mesturar as noces picadas e as pepitas de chocolate, engadirémoslle 2 cucharadas da mestura do buttermilk e aproximadamente 30 gr. da mestura da fariña. Mesturaremos ben para que todas queden perfectamente cubertas.
Bater coa pa manteiga e o azucre ata que consigamos unha mestura que haxa blanqueado e quede esponxosa 
Engadir os ovos e a xema lixeiramente batidos e un a un, a velocidade baixa. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea totalmente integrado.
A velocidade baixa engadir un terzo da mestura da fariña e bater. Engadir a metade da mestura do buttermilk e continuar alternando os ingredientes terminando coa fariña.
Engadir coa espátula a mestura que tiñamos preparada das noces e as pebidas de chocolate e repartilas uniformemente.
Botar esta mestura no molde bundt engrasado que tiñamos preparado. Asegurarnos cunha espátula que a masa entrou en todas as fendas do molde e que non ten aire. Alisar a superficie. 
Fornear aproximadamente uns 50-60 minutos, ou ata que ao picalo cunha brocheta salga totalmente limpo.
Deixar arrefriar no molde sobre unha rexilla 10 minutos. Pasado este tempo desmoldar boca a abaixo e deixar arrefriar sobre unha rejilla.


martes, 1 de noviembre de 2011

Dedos de bruxa


Os nenos cambianche a vida, eu agora estou en “modo mama” ,disfruto cada instante , paso con eles todo o tempo que podo e todo o tempo que teño, adicollo , creo que o merecen , creo que merecen cada instante da miña vida para tentar facelos tan felices como eles me fan a min.


Neste tempos de recortes e de presións , semella que os nenos son os que menos importan , no cole todos os anos se celebraba o Samahim , este ano non… acordouse que non se ian realizar actividades extracurriculares a modo de presión, a min non me parece mal que se presione , todo o contrario , pero os nenos non teñen porque pagalo.. así que este ano na aldea fixemos unha festa de samahim para os nenos e cociñei os xa famosos dedos de meiga , dos que pululan miles de versións polos blogs fixenos coa receita de Aliena e o seu blogue la casita verde , curiosamente o primeiro blogue de cociña que coñecin. Despois decorei unha simples madalenas con buttercream de nuttela e fixen uns sándwiches mordidos por Drácula o resto son chuches diversa,a maioria das que venden no Lidl para estas datas , os adornos dos cupcake e das botellas sacamolos da rede pero non gardamos os links , o resultado foi unha tarde estupenda que puidemos pasar cos nosos fillos e que eles seguro que lembrarán sempre.

Dedos de Bruxa.
INGREDIENTES (saen de 25 a 30 dedos dependendo do grosor e o tamaño)


100 gr. de manteiga
unhas pingas de esencia de améndoa ou de esencia de vainilla
100 gr. de azucre
300 gr. de fariña
un chisco de sal
2 ovos
un puñado de améndoas crúas enteiras para decorar
marmelada de morango.

Modo de facer:
Nun bol grande dispomos a manteiga (que deixariamos previamente a temperatura ambiente para que se abrande), o azucre , e o chisco de sal. Batemos até mesturar ben os ingredientes.

A continuación engadimos un ovo, e a esencia . Incorporamos ben os anteriores ingredientes, e a continuación engadimos o outro ovo. Seguimos batendo  a mestura durante uns minutos até conseguir unha textura suave.

 Engadimos a fariña e incorporámola sen traballar a masa demasiado. Xusto o necesario para incorporala correctamente aos ingredientes húmidos. Envolvemos a masa resultante en filme transparente e metémola no frigorífico durante 30 minutos.

 Sacamos a masa da neveira e dividímola en 30 porcións. A continuación iremos dando a cada porción unha forma de dedo  Cun coitelo marcamos uns cortes imitando os pliegues dos dedos e pegaremos unha améndoa nun extremo, presionando un pouco.
Non se modelará ben a masa se non está fría. É recomendable manter as porcións coas que non esteamos a traballar no frigorífico, ou polo menos a metade delas.

 Colocamos os dedos sobre a bandexa do forno e pintamos cada dedo cun pouquiño de ovo batido para darlle brillo. Forneamos durante 12 minutos, ou ata que estean lixeiramente dourados.