miércoles, 13 de abril de 2011

Quiche Mar e Monte

Estou escoitando un disco marabilloso que se chama Nordestinas do Músico de Jazz Ave Rábade e as voces Impresionantes de Ugia Pedreira e Guadi Galego, unha música inspiradora  , coma estes días cheos de luz.

Teño moitísimo traballo pero estes días que o meu marido traballa e quenda de tarde e chega a casa a noite para cear, apetéceme prepararlle algo rico , fermoso como un agasallo e deixarllo na cociña aínda chea de “olores” sei que lle encanta , aínda que rosme porque “Non pode comer tanto para cear” sempre é así…

Quero aproveitar para mandarlle ánimos a Tito , esperando que todo este ben….

Eu son de Shakira e creo firmemente en que cando menos o esperas saia o sol, por iso creo que non debemos desesperar que sempre hai unha luz ó final do túnel , aínda que sexa moi difícil atopala.

Este Quiche foi feito en realidade para estrear un porta tortas incrible que atopei hoxe de casualidade  e claro como son moi moi difíciles de atopar non podía deixalo quedar alí, así que se veu comigo a casa e aquí esta co meu quiche “Mar e Monte” o meu modo de ver riquísimo , déixovos a receita …




Ingredientes:
-Pasta brisa ou Masa follada.
-Champiñons ou outros cogomelos
-Pemento de piquillo en tiras.
-Gambas peladas.
Surimi de caranguexo
-2 ovos.
-200 gr de nata liquida.
-Queixo parmesano
-Sal e un chisco de pementa negra.


Modo de facer

1-Collemos unha prancha de masa follada (hoxaldre)  ou de masa brisee , como prefirades  e colocádela nun molde previamente engrasado e pinchádela con un garfo.
2- Introducídela no forno previamente requentado uns 8 min ata que colla algo de cor.
3- Nun bol introducimos a nata , os ovos batidos e o queixo o sal e a pementa negra e batemos para misturar ben.
4- Noutra fonte colocamos o resto dos ingredientes que cortaremos todos no mesmo tamaño , introducirémolos no forno uns 7 minutos.
5- A Continuación vertemos a mistura de ovos , nata e queixo sobre a torta e  metémolo a fogo medio uns 25 min e a comer … é deliciosa de verdade.

jueves, 7 de abril de 2011

Charlotte de chocolate e café

O tempo pasa inexorablemente  e sen saber como atopamonos fronte a unha nova perspectiva do presente como si en realidade o transcorrido fose un instante aínda que saibamos  que non foi así , que pasaron moitos días e moitas horas, isto é o que acontece cando un medra cando un se fai adulto e esperta un día anguriado coas responsabidades e o reloxo.
Isto é o que pasa a min , que en pouco tempo segundo  eu , pasei de ter todo o tempo do mundo e facer mil cousas, a ter dous enanos, un emprego, actividade social,compromisos miles e un blogue…
Ser mama mellórame como persoa , diso estou plenamente convencida , faime máis forte , menos dúctil como si nada puidese facerme maleable , como si xa chegase a un fin…
A un digo… porque creo que hai moitos fins e a min aínda me quedan moitos círculos por pechar…ver medrar ós meus fillos , facer deles persoas marabillosas , proporcionarlles liberdade e forza para manterse e ser felices…
Unha das cousas que máis me gusta no mundo é cociñar cos meus nenos, coa pequena fixemos rosquillas o outro día e co maior habitualmente é o meu “Axudante pastelero” como el se define a si mesmo, un luxo…
Esta Charlotte de chocolate e café fixemola para papa, é un dos seús postres favoritos…sempre que queremos algo de papa sobornamolo con un postre exquisito e gañamos bicos e gormittis , agora deixoa aquí para vos… despois de vela no blogue marabilloso de “Sabor a canela”

Ingredientes:
- 300 grs de bizcoitos de soletilla.
- 75 grs de manteiga.
- 75 grs de ázucar.
- 1/4 lt de Kirsch.
-200 gramos de nata montada.
- 4 ovos.
- 2 cucharaditas de Nescafé.
- 1 tableta de chocolate extrafino.

Modo de facer
1.       Derretir o chocolate ao baño maría , coa manteiga e a metade do kirsch.
2.       Traballar as xemas co ázucar ata que estean cremosas.
3.       Engadir o Nescafé e o chocolate fundido, mesturándoo todo moi ben.
4.       Incorporar as claras, que montariamos a punto de neve.
5.       Engadir esta mestura a nata montada.
6.       Mesturar o resto de kirsch con 1/2 vaso de auga, bañar os bizcoitos con esta mestura e forrar con eles un molde redondo.
 Enchelo de capas alternadas de crema e bizcoitos, cubrir con chocolate rallado e deixalo no refrixerador até o momento de desmoldarlo e servir.