lunes, 14 de marzo de 2011

Mini Cake de Coco; versión da torta da miña avoa Concha

Rematou o Entroido e con el as enchentes de comida, xantares e ceas cheos de viandas propias desas datas; cocidos , grelos , lacón, filloas e vinchas como non..
Esta fin de semana estiven na festa do queixo de Arzúa co seu marabilloso Arzúa –Ulloa , trouxen 2 queixos estupendos cos que prometo cociñar algo exquisito .. . como o mesmo queixo… pero hoxe toca outra cousa , unha homenaxe a outros Entroidos, unha pequena homenaxe a terras máis cálidas … e tamén a miña avoa da que sen dubida herdo este gosto pola cociña, ela é a miña mellor crítica aquela que cos seus 86 anos é capaz de opinar como os mellores críticos gastronómicos sobre sabores e pousos dos sabores coma toda unha profesional, ela ensinoume a torta de hoxe e con ela a cociñei …fíxolle unha ilusión tremenda xa que creo que en toda a nosa infancia levamos tal enchente desta torta que facía moito , moitísimo,tempo que non a cociñabamos e cando lle dixen que a ía facer , presentouse na cociña disposta a axudar .
Este sobremesa era a tradicional da miña casa , aprendeullo  a miña avoa , a súa cuñada de Brasil e dende aquela cociñábao nas festas nun molde enorme como de empanada para despois cortalo en cadradiños que desaparecían xusto despois de ser servidos, entre charlas e cafés despois do xantar .


Así que o outro día lembreime del e propúxenlle a miña avoa facer o seu pastel e así foi como quedou , en realidade cociñamos dous un , o que vedes nas fotos e outro ó xeito mais “tradicional” o que ela habitualmente cociñaba .

Ingredientes:
-Unha prancha de masa de hoxaldre do lidl.
-250 gramos de coco rellado.
-200 gramos de azucre branco.
-4 ovos normais.
-Coco teñido de vermello para decorar.

Modo de facer:
-Recubrir un molde con masa de hoxaldre.
-Misturar nun bol o coco o azucre e os ovos, miña avoa fai un volcán co coco misturado co azucre e logo engade os ovos como se fixese unha masa, mistúrao ben e vérteo sobre a masa de hoxaldre.
-Pintar cun ovos os laterais da masa de hoxaldre.
-Meter no forno prequentado a 180 grados durante 30 minutos.
Para tinguir o coco de vermello introducilo nunha bolsa de plástico cunhas gotas de colorante vermello e encher de aire e movelo para que se impregne do colorante e xa esta e case máxico.

10 comentarios:

Misgalletasyotrascosas dijo...

Que boa pinta, e que fantastico cociñar con a tua avoa, traeme saudades da miña...

La cocina de mi abuelo dijo...

que bo, da gusto ver como as avoas conservan doces tan ricos.

más que hermanas dijo...

mmm, que bo!!
lémbrame á viaxe, por alá todas a comidas levan coco e na miña casa gústanos unha chea! unha vez fixen un biscoito pero estaba un pouco seco, vou apuntar a túa para facerlla á miña irmá que seguro que lle gusta.

aaaaiii, que bo estaba o pan de queixo!! ti si que me entendes :)

un bikiño

Lorelai dijo...

Me gusta, es una receta muy sencillita pero tiene una pinta increible.

Besos

Julia dijo...

Estupendo y precioso mini cake de coco, tiene que estar exquisito, me encanta el coco, muy buena presentación. Excelente todo el blog que acabo de descubrir por otros amigos, maravillosas recetas.
Enhorabuena.

Tito dijo...

Hola María!!! antes de nada muchísimas gracias por el comentario que me has dejado en el blog!!! espero que te haya gustado lo que has visto!!!

Y con tu permiso me quedo por aquí de seguidor para admirar todas las cosas que salgan de tu cocina, como este precioso cake que has hecho hoy!!!

Muchísimas gracias de nuevo María! te sigo!

;-)

NENALINDA dijo...

Divinaaaaa wapa ademas de estar delicioso,esas recetas son las que no se deben perder nunca.
Bicos mil.

Carrot Cake dijo...

María! Gracias por tu comentario :)

Menuda pinta tan deliciosa que tiene este cake, además te ha quedado preciosa la presentación!

Un besote enorme!

La casita dijo...

As avoas sí que saben o que é rico!! Encántame o coco así que lévome un cachiño desde doce tan boísimo!!!
O queso de Arzúa é unha delicia xa estou deseando vela túa receta!!!

Biquiños

Catarina - ReceitaseSaboresdoMundo dijo...

Maria,
Que delicia que se quedo... Me gusta mucho el coco. Se ya quedado con un aspecto riquisimo : )
Besitos