viernes, 30 de diciembre de 2011

Mini Biscoito de Tona


Como xa vos comentaba no post anterior este final de ano , esta sendo moi complicado para min , aínda que parece que todo se arranxa e que seguramente polo espírito de Nadal todos os males parecen curarse.
Quizais tamén teña algo que ver que me decidirá a beber moita auga e a baixar o ritmo un pouquiño, quizais si… grazas a todas os que vos preocupastes pola miña saúde e pola do neno, temos pendente operalo , e ansíamos que todo saia ben, sabemos que así será…
A receita que vos traio hoxe non é gran cousa .. quizais tan so unha escusa para achegarnos o blogue de novo, aínda que ten o seu aquel….
Este ano Papa Noel tróuxome uns moldes descatalogados da E.D que non se van volver a fabricar, tratase dun molde de 18 cm tipo bundt con tapa que me vai vir moi ben para o bizcoflan ( de feito xa o estrenei)e 6 moldiños pequenos que eu aproveitei para facer este biscoito(Grazas Papa Noel)

A tarde de Noiteboa, Amalia e eu fomos a visitar a uns parentes seus, Amalia é unha señora duns 87 anos, que vive soa que nos ten como única familia , adorando ós meus nenos e a nós , por iso non podemos negarlle capricho ningún , así que a tarde de noiteboa despois de deixar cosido e recheo  o Capón, alá marchamos… convidáronos a merendar e a sorpresa chegou cando nos puxeron leite de vaca de verdade!!! Si de verdade!! De vaca .. vaca…. non o podía crer… así que moi pero moi .. educadamente díxenlle que os nenos e nós non podiamos tomalo , lamentablemente os nosos estómagos xa non están acostumados a este tipo de leite e podiamos rexeitalo de algunha forma  ó menos iso foi o que pensei… pero lonxe de enfadarse , entendérono perfectamente, así que empezamos a falar do estupendo que era volver a ter loite e sobre todo da tona , entón conteille que a miña nai facía un biscoito con tona marabilloso cando eu era pequena .
Cando marchamos regaláronme unha bote de nutella che de tona , foi xenial, un agasallo inesperado que me ia permitir recuperar aquel sabor.. así que decidín realizar uns mini biscoitos tal e como facía miña nai.

Ingredientes
100 gr de azucar
100 gr de fariña
1 sobre de lavadura tipo royal
3 ovos L
150 gr de Tona
Modo de facer
Bater os ovos co azucar ata que dobren o seu tamaño e branqueen un pouco , bater as claras a punto de neve cunha pizca de sal , mesturar a fariña coa levadura e tamizar , mesturar cos ovos pouco a pouco e ir engadindo as claras pouco a pouco de maneira envolvente.
Embadurnar un molde con manteiga e introducir no forma uns 20 – 25 minnutos.


lunes, 5 de diciembre de 2011

O meu AIG e Tortitas de domingo.

Este final de ano esta sendo difícil para min , a enfermidade cada vez máis pronunciada da miña avoa súmanse os meus problemas co ril e agora tamén un problema do meu neno, vamos… que semella que vivo en urxencias..
Non sei cantas citas médicas , estancias no hospital e volta a casa , levo dende mediados de novembro nin as que me quedan .. xa estrenei a axenda do 2012 con estas cousas.. por iso un debe valorar día a día o que ten .. Entrenar a mente para buscar cousas positivas e agradecer todo aquilo de bo que  ten a vida…
Como o meu Aig que xa me comentou a marabillosa Joana que estivo preocupada polo meu silencio , foime imposible escribir… as veces as cousas supérante e simplemente non das, aínda agora cando escribo unha dor enorme recorre a miña espalda o meu médico di que como veu , pasará que as veces o corpo di ata aquí chegamos.. amiga.
Poida que teña razón e non sexa máis que un aviso que debo baixar o ritmo e centrarme .
Na miña lista de propósitos do 2012, creo que ese ocupará un dos primeiros postos , coidarme máis , comer as miñas horas , traballar sen estresarme e non levarme os problemas dos meus usuarios conmigo máis ala da porta do edificio.
O meu AIG Rosa , de Cocina vasca, foi extremadamente amable enviándome un montón de cousiñas para a cociña, que aínda non puiden estrenar xa que a precripción médica é reposo absoluto ata que o meu ril recupere a súa función , pero que me axudarán un montón na cociña unha vez este recuperada.
 As tortitas que ilustran o post non as fixen eu , senon a miña costela que decidido a coidarme esta ata aprendendo a facer reposteria . Un bico enorme a Rosa e a toda a súa familia e gracias a Joana por organizar todo isto.
O meu AIG foi para Teresa , un beso enorme pola súa amabilidade , desexolle que disfrute moitisimo de todo ..http://www.cierralosojosyprueba.com/2011/11/la-ilusion-de-participar-en-el-aig-2011.html