Este sábado pasado paseime a tarde preparando unha marabillosa torta para unha nena tamén marabillosa , toda ela é como un milagre que naceu despois dunha inmensa traxedia , a nena Alba , que nos recorda co seu nome que o seu nacemento foi o rexurdir dunha nova época , mellor , máis feliz.
Alba é a mellor amiga do meu fillo e os seus pais son dos mellores amigos que un pode ter,por todo isto tentar facer un bolo perfecto é o mínimo para esta nena-duende que ten algo especial.
Dicir que o pastel estaba boísimo , boísimo , tanto que na cea case o comemos todo .
No verán é habitual que un grupo enorme de amigos nos sentemos ó redor dunha mesa en “Casa Paco” , o pai de Alba,
Paco é moi de churrascos multitudinarios ou do libro “La cocina Gallega “ de Alvaro Cunqueiro , libro o que vai botando vistazos mentres fai o que lle da a gana , o caso é que as CEAS e xantares en casa Paco son deses privilegios que che da a vida..
Así que neste Blogue será habitual que faga referencia a estas pantagruélicas cuchipandas nas que nos fartamos de comer e as veces incluso de beber.
Famosas son as Feijoadas e as mariscadas , famosa tamén a competición por traer o mellor viño ou os dátiles con bacón de fin de ano…
Pero esta vez tocaba unha torta para Alba como escusa para unha cea de amigos..
Ingredientes:
-225gr. de mantequilla a temperatura ambiente.
-225 gr. de azucre.
-1chisco de vainilla.
-4 ovos xl
-200 gr. de fariña con levadura.
-30gr. de maicena.
-1 cuchariña de bicarbonato.
-6 culleradas de leite.
Modo de facer:
1- Bater a mantequilla co azucar ata esponxar e dobrar o tamaño.
2- Engadimos os ovos, un a un , sen incorporar o outro ata que o anterior este integrado.
3- Incorporar a vainilla.
4- Tamizamos a fariña coa maicena e o bicarbonato e misturámola pouco a pouco sen baixar a masa , por ultimo engadimos o leite.
5- Metemos no forno , prequentado a 180 gr. durante 25 min , abrimos e comprobamos que este feito.
6- Sacamos e deixamos arrefriar sobre unha rexilla.
Recheo
Ingredientes:
Fresas cortadas en rodaxas finas
Marmelada de fresa
200 de nata montada
4 cuchariñas de auga
Cortamos o bizcoito pola metade e cubrimos con marmelada con un chisco de auga para que o almíbar resultante penetre no bizcoito , despois extendemos unha capa de fresas e a nata e por ultimo outra capa de fresas , xa sei que non é moi ortodoxo pero a min gústame así
Para o fondant seguín o paso a paso estupendo de Cristina de Kanela e limón e despois de moito experimentar co Fondant entendín que hai que empreñar o dobre de azucre glass que de nuves , e este foi o resultado podía ser mellor pero bueno o que conta é a intención….
9 comentarios:
Non sabía que lle dabas ao fondant, eu inda non comencei pero comprei un monton de nubes no lidl o outro día para cando me anime. Unha pinta estupenda a tarta, imaxino que a menina estaría encantada, fixeches un traballo xenial!
Tes que dicir onde queda Casa Paco que si fan feijoadas vou seguro!!!
Bicos
Hola Maria, primero mil gracias por tu visita y segundo decirte que me encanta la frase que tienes en la cabecera. (adoro Isabel Allende).
Qué bonita yo con el fondant no me atrevo y eso que una buena amiga bloguera me regaló hace unos meses un trozo de fondant blanco para que experimentase y nada no me atrevo necesitaría que alguien que sabe un poco estuviera a mi lado, así que de momento nada. Me gustó mucho tu tarta, felicidades, besos.
Yo no he hecho nada con fondant, me parece dificilísimo , el caso es que hacéis verdaderas obras de arte , unas tartas impresionantes, no se si me atreveré alguna vez a hacer una
Mis mejores deseos a Alba y a su familia, y que la racha mala haya desaparecido para siempre, que el resurgimiento de la nueva época, sea, como dices tú, mejor y más feliz
Me imagino la alegría al ver esa estupenda tarta
Un abrazo
Te ha quedado grandiosa y muy bonita, a la niña le encantaría.
besoss guapaa
buen finde
Preciosa wapa ,seguro que a Alba y a su familia le encanto la tarta.
Bicos mil y feli finde.
Gracias a todes marabillosas .. ai que me emociono....
Menudo trabajón, da pena comérsela!!!! besos
Qué bonita la tarta María!!! Felicidades a Alba.
Un besiño.
Publicar un comentario