viernes, 18 de marzo de 2011

Muffins de Mazan e canela con Capuchino Dolce gusto

Por fin é venres… levo unha semana liada , liada  … destas que parecen non rematar nunca.. así que non esperedes una receita marabillosa , porque todo o marabilloso que houbo esta semana foron guisos desconxelados e potaxes preparados na miña fussión.
Hai dous momentos de máximo traballo para min e marzo tradicionalmente é un deles, porque comezan moitas cousas, unha nova temporada de formación , novos alumnos , novas clases.. novo centro.. uffffffffff que me agobio so de pensalo…
Por isto máis que nunca a cociña é un bálsamo para a alma e unha destas tardes mentres a miña bebe via a BOB (Adoro a Bob esponja) e o meu neno facía os deberes atopei un oco mentres o acompañaba na mesa da cociña para preparar estes muffins , creo que non hai nada máis doado que os muffins e nada máis rico .. . estes sono particularmente.

É curioso que por separado o sabor da canela e o sabor das mazas non me gusten nada ou non me encanten e que xuntos sexan unha composición xenial , como unha melodía perfecta.
Esta receita saqueina dun libro precioso que teño sobre Muffins , o dos libros de cociña é unha obsesión preocupante .. non podo parar de mercalos , nin de ler .. é habitual verme no sofá sumerxida nunha receita como se lese o máis estupendo libro de García Márquez … cousas que ten a vida , en outros momentos  obsesionabanme outras cousas .. agora … despois do que pasou estes días e como reflesión de café e muffin creo que temos a obriga de ser felices sempre que estemos sanos , que temos a necesidade imperiosa de deixar un mundo mellor para os nosos fillos  .. que a vida ten ese punto escuro da canela e o agridoce da mazan pero que sen saber como, poden casarse e combinar nunha marabillosa melodía perfecta ….

Ingredientes:
250 gr de harina con levadura.
1 pizca de sal
1 cucharada de canela
1/4 de cucharada de noz moscada
125 gr de azúcar moreno
125 gr de mazan
1 ovo
250 ml de leite
30 gr de mantequilla
·         Azucarillos de azúcar moreno desmigados con canela




Modo de facer.
1-Misturar nun bol todos os ingredientes secos.
2- Mesturar en outro bol ,os ingredientes “húmidos” : O ovo batido , a mantequilla derretida e o leite.
3-Misturar os ingredientes nun so bol con movementos rápidos , non fai falla que estean ben mezclados xa que logo no forno xa se fan ben.
4-  Unha vez recheadas as cápsulas ou os moldes cubrir cos azucarillos de azúcar moreno desmigados con canela
5-Introducilos en moldes ou en cápsulas para muffins no forno prequentado  a 180gr durante 20-25 min.

5 comentarios:

más que hermanas dijo...

olaaa!!!
Fixemos nós tamén uns muffins de mazá e canela que eran un auténtico vicio, ata non sei se non serán os mesmos, déixoche o enlace porque varían as cantidades pero de sabor..mmm!!
Que ben acompañados os tomaches, ata me deron gañas a min de prepararme uns.

Un bico e que pases unha boa fin de semana.

http://masquehermanas.blogspot.com/2010/09/muffins-de-manzana-y-canela.html

Deambulando con Artabria dijo...

Esta semana fixen uns de plátano, os seguintes serán estes!!

Las Recetas de Manans dijo...

Me encanta esta receta, es muy origina.

Unknown dijo...

A min a mixtura de mazá e canela paréceme espectacular, é un dos sabores da casa, faime recordar as mazás asadas, as que a miña nai engadialle sempre un pouco de canela en po... Creo que vou probar a tua receita, no meu caso con descafeinado!!!

Bicos

locasita dijo...

Qué ricos estos muffins. Nunca los he hecho, pero la pinta la tienen estupenda... Qué relajante, poder sentarte a disfrutar de ese café con ese muffin (o con 20, que yo me los comería tan a gusto!). La canela me encanta... a veces le echo tanta al arroz con leche que hasta amarga! jajaja.
Un abrazo, y te sigo desde ahora!