Estamos en plena vendima e fai uns dias se concedía o premio o mellor tinto de Galicia , curiosamente a un que dende fai un tempo se converteu nun dos meus viños favoritos.
O blogue , chamase Comer, Beber, amar... e curiosamente aínda non atopara o momento para falar de viños.. que Ladairo fose o premiado dáme pe a facelo .
Descubrín Ladairo polo meu xefe que mo recomendou nun xantar de traballo, así que cando tiven oportunidade probeino..Ao que lle gustan realmente os viños en casa é a miña costela , ao que lle encanta tomarse un viño tranquilamente preferiblemente os venres pola noite... así foi como quedamos prendados deste tinto con peso , con padar profundo e aromas de terra.. lembra ós tintos portugueses do Douro e deixa un pouso especial ó final.. unha regalía , totalmente recomendable.. probádeo.
Cando a paixón por cociñar e a paixón por escribir se unen nun romance coa vida, Grazas!!!
miércoles, 28 de septiembre de 2011
viernes, 16 de septiembre de 2011
Empanada de xoubas.
Setembro e o seu sol serodio fan de Galicia un paraíso , eu teño a sorte de vivir nun , encántame a cor das arbores , a calor morna do sol o anoitecer... paréceme un pequeno agasallo da natureza antes de encerrarse en si mesma como unha muller cando descubre que esta grávida.
Desembarquei no traballo como un ciclón e sen apenas pausa, estou a tope, de cero a cen sen tempo de pensar...pero ben ... as vacacións foron , tranquilas , estupendas diría eu .. con tempo para recuperar costumes e ler ... as vacacións dan tempo, o tempo vale tanto... cando non o posuímos.
A receita de hoxe forma parte dunha merenda de vendima, en Galicia, cando menos onde eu son, é tradicional darlle a merenda ós xornaleiros e a xente que traballa para un nunha tarefa, ven sexa no millo , na seca ou na vendima..
Esta empanada é favorita de miña avoa, antes cando podía camiñar ben e estaba forte, soia ir a praza calquera día da semana, a mercar xoubiñas para empanada que logo preparaba con mimo para todos nós que cando eramos nenos non apreciabamos moito a verdade.. pero agora é un manxar espectacular so comparable a empanada de zamburiñas .
Esta receita é semellante a súa , esta un pouco tuneada teño que dicilo , emprego unha fariña integral que merco no Eroski , que misturo con fariña de forza o que fai que a masa sexa esponxosa case como comer nubes .. unha marabilla de masa a verdade , ademais de preparala na panificadora , que grazas a Cristina descubrín fai un tempo.
Vou coa receita;
Ingredientes
Para a masa:
250g de fariña de trigo de forza
250g de fariña de trigo integral
250ml de auga morna
100ml de aceite
20g de fermento fresco de panadaría
2 cucharaditas de sal
Para o almoado:
1 cebola grande picada.
500 gr de xoubiñas
Un dente de allo.
Azafrán ou colorante
Sal.
Modo de facer:
Preparar o almoado é dicir fritir a cebola , con dúas ou tres xoubas o dente de allo picado e o azafrán ata que este feita.
A masa preparámola na panificadora ,colocamos todos os ingredientes líquidos na cubeta e a continuación os sólidos. Programa 6, que consta dun amasado e un levado.
Cando este lista , dividímola en dúas , estirámola e colocámola nunha bandexa de forno previamente untada con aceite , estiramos o almoado e colocamos as xoubas tal e como se ve na foto, despois estiramos a outra masa e colocámola enriba , sellamola e pintámola con ovo batido , facemoslle un furado no medio e metémola no forno 25-30 min a 200.
Lista e exquisita.
viernes, 9 de septiembre de 2011
AIG 2011
Creo que na miña cabeza agora mesmo esta soando “Oh Blanca navidad… sueños .. la.. la.. lara …”
No me digades que si pechades os ollos non podedes escoitalo… estou tan emocionada con isto do AIG 2011 como unha nena con zapatos novos.. paso por un escaparate e penso.. “ummm isto para o AIG” ou estou na ducha e ocorréseme que debería enviar chourizos , chourizos galegos envasados ó valeiro.. claro .. non imaxino os de correos cun paquete que cheire a chourizos…
Isto conto porque na miña casa cando se ia de visita a ver ós nosos familiares emigrados en Alemania , México ou Brasil ou cando eles viñan , escondíanse os chourizos e o lacón dentro da bolsa dos calcetíns sucios … era toda unha película que miña nai e miña avoa argallaban para cruzar a fronteira… así que o meu AIG , creo , que levará chourizos…
Teño que agradecer moitisimo a Jo que vive en Londres y que se esta a esforzar para que isto sexa un éxito dende o seu blogue mis recetasbordadas e a Carol por diseñar o logo, tamén a Bea e a Ana por comezar con todo isto.
Que ganas teño de que chegue o meu AIG e como me ilusiona preparar o meu… GRAZAS!!!
lunes, 5 de septiembre de 2011
Torta tatin de pera
Xa estou de novo aquí , este foi un verán longo, precisaba moito un descanso, demasiadas cousas e demasiadas tarefas nun ano no que curiosamente decidín comezar co blog e a vez tiven unha inusitada crise coa cociña... non me apetecía nada cociñar , así que este agosto decidín reconciliarme coa cociña e coa vida.... tamén abandonar un pouco a dieta creo que axudou...
Eu son das que lle encanta setembro... das que lle gusta sensación de rutina e control que nos aporta , pero non me digades que non custa pórse o día de novo, acostumar os nenos a madrugar , a ter algo de rutinas .. non sei....debemos acostumarnos de novo a todo.
Este foi un verán de moita froita , moitos tomates, moras.. etc levo unha semana de conserveira.. Ja!ja! Facendo pisto de tomate e cabaciño en conserva .. marmelada de moras .. de pera.. doce de marmelo de mazan .. en fin que me dou forte....
Grazas un esceso de produción de peras , o meu pai doulle por plantar pereiras , xurdiu a torta de hoxe, sin duda a cousa máis rica que comín en moitísimo tempo...
A torta tatin é froito dun erro culinario dunhas irmans francesas que se equivocaron en facer a torta de mazan ... quedando esta convertida nun clásico da gastronomía francesa.
No meu caso o tatin é de Pera , tiña as miñas dubidas ... pero disipáronse co primeiro bocado ... todos os da miña casa sin dudas deron a súa aprobación... o tatin é magnifico....
Receita
As cantidades son orientativas, pois dependerá do tamaño do molde. Eu utilicei un de 22 x 5ctm.
Ingredientes:
1 e 1/2 kg. de peras
100 gr. de manteiga
150 gr. de azucre
1 limón
Canela ou azucre vainillado
Ingredientes para a masa brisee:
225 gr. de fariña de repostaría
125 gr. de manteiga
1/2 cucharadita de sal
40 ml. de auga
Elaboración da masa:
Formar un volcán coa fariña e colocar no centro o sal e a manteiga en trocitos. Traballar até obter unha masa arenosa e engadir a auga para unir e formar unha bóla. Cubrila de papel filme e deixala repousar 30 minutos no frigorífico. Estendela cun grosor de 3-4 ctm.
Elaboración do recheo:
Embarrañar o molde elixido con 75 gr. de manteiga e esporear 50 gr. de azucre.
Tamén podemos facer o caramelo a parte eu son partidaria disto ultimo , xa que me gusta a tarta mui húmida para que o caramelo quente se mezcle co xeado de vainilla co que me gusta comela, é unha delicia de verdade.
Preparades o caramelo a parte e logo colócanse as peras peladas e cortadas nun molde tipo pírex , o tradicional é facelo nunha sarten, pero pode ser colquer molde, as peras o revés para que o darlle a volta quede a parte bonita quede cara fora, eu metinas un pouco no forno co caramelo e logo púxenlle a masa e rematei de cocela.Unha delicia!!!
martes, 26 de julio de 2011
Oreo cupcakes
Hoxe estou un pouco tristona a pesar de que me quedan so tres días para coller vacacións , debe ser que a miña costela vai estar fora esta semana, cada vez levo peor estar separados..
Así que teño un pouco melancólico aínda que voltou o sol e tan so debe ser cuestión de saír de aquí para animarme…
A receita de hoxe tíñaa gardada dende fai tempo , fíxenos para Vicki unha compañeira da oficina, que se ia , encantáronlle a todos , iso que os fixen as presas.. . pero levan o toque máxico da purpurina comestible que lle da así como un plus de calidade… preciosos…a receita collina de varios sitios pero as miñas inspiracións foron Alma e Mis galletas y otras cosas e a festa de cumple de Bosco…Un bico para elas… tamén a Neo benvida a Caldebarcos … ufff non sei como puiden resistir sen as túas receitas este tempo…, en fin .. gracias a todos os que me visitan e me comentan.. encantame compartir cociña con todos vos é unha honra
A receita.
Ingredientes:(para 12 unidades)
Para as cupcakes:
1 iogur natural
1 medida de aceite de girasol
2 medidas de azucre
2 medidas de fariña
1 medida de galletas oreo trituradas ( eu poría 1/2 de fariña e 1/2 de galletas)
3 ovos grandes
Para o frosting:
150 grs de queixo de untar
100 grs de azucre glass
4 galletas oreo trituradas
Para a decoración:
Galletas mini oreo.
Preparación:
Montar os ovos co azucre, ata que dobren o seu volume.
Engadir o iogur e bater.
Engadir a fariña e integrar
Engadir o aceite ( remover suavemente ata que se incorporou)
Engadir as galletas trituradas, suavemente.
Precalentar o forno, e pór a 180º, entre uns 15 ou 20 minutos
domingo, 17 de julio de 2011
Tarta de queixo ó forno.
Quen non ten unha Carme na familia, eu teño tamén, e hoxe estou a preparar un xantar na súa honra , algo sinxelo , para os da casa, como a ela lle gusta.
Hoxe , neste verán Cantábrico que estamos a ter apetecíame cociñar algo sinxelo, pero con sabor .. non sei como un amago de voltar a infancia, de sentirnos protexidos ...
Esta tarta de hoxe á algo así , sinxelo pero exquisito a esencia da cociña familiar, cun anaco desta tarta é un café parece como si nada malo puidera acontecer...
Esta é un receita de domingo desas que deben acompañarte sempre para recurir a elas cando precisas consolo..
La tensión se aflojó poco a poco. Ella tomó entre sus manos la oscura cabeza de su amigo y lo miró. Sonrieron aliviados, divertidos, temblorosos, seguros de que no intentarían una aventura fugaz porque estaban hechos para compartir la existencia en su totalidad y emprender juntos la audacia de amarse para siempre.
Isabel Allende
Ingredientes:
5 ovos L
250 gr de queixo de untar
200 de nata liquida
200 de creme fraiche ou nata agria
2 iogures naturais , no meu caso iogurt grego.
3 vasos do iogur de azucar
2 vasos de fariña
1 vaso de leite
manteiga para untar o molde.
Modo de facer
Encender o forno 180ºC
Untar o molde coa manteiga
Mesturar todos os ingredientes e bater
Verter a mestura no molde e deixar por 40 min ou ata que vexamos que esta .
Hoxe , neste verán Cantábrico que estamos a ter apetecíame cociñar algo sinxelo, pero con sabor .. non sei como un amago de voltar a infancia, de sentirnos protexidos ...
Esta tarta de hoxe á algo así , sinxelo pero exquisito a esencia da cociña familiar, cun anaco desta tarta é un café parece como si nada malo puidera acontecer...
Esta é un receita de domingo desas que deben acompañarte sempre para recurir a elas cando precisas consolo..
La tensión se aflojó poco a poco. Ella tomó entre sus manos la oscura cabeza de su amigo y lo miró. Sonrieron aliviados, divertidos, temblorosos, seguros de que no intentarían una aventura fugaz porque estaban hechos para compartir la existencia en su totalidad y emprender juntos la audacia de amarse para siempre.
Isabel Allende
Ingredientes:
5 ovos L
250 gr de queixo de untar
200 de nata liquida
200 de creme fraiche ou nata agria
2 iogures naturais , no meu caso iogurt grego.
3 vasos do iogur de azucar
2 vasos de fariña
1 vaso de leite
manteiga para untar o molde.
Modo de facer
Encender o forno 180ºC
Untar o molde coa manteiga
Mesturar todos os ingredientes e bater
Verter a mestura no molde e deixar por 40 min ou ata que vexamos que esta .
viernes, 15 de julio de 2011
Pizza de leituga.
Pizza de leituga.
Na miña cidade había una franquicia dunha tratoria italio-arxentina moi coñecida e digo había porque foi un deses negocios que se levou a crise, era un sitio encantador , o que me encantaba ir co meu marido a cear e incluso algún domingo iamos a comer cos nenos e a miña bisavoa que vive con nós.
Pero xa digo que pechou , nese restaurante tiñan unha torta marabillosa a que lle chamaban “Mar de plata”, e que si non fora por este post quizais non viñese a miña memoria consciente pero teño que facerlle un día destes “Mar de plata” a miña costilla , que moitas veces , sobre todo cando estaba embarazada pasaba por “Chicote” para traerme dúas racións ..mmmmummm son desas cousas pequenas que fan a vida especial…
Neste restaurante coñecín a receita de hoxe e desde que a probei , cando tiña un apuro pedía que ma trouxeran a casa… ata que un dia pouco antes de pechar , a caixiña da pizza traia unha nota coa receita.. . foi todo un detalle … xa que sin ser moi complicada esta pizza é unha delicia … eu creo que mellorei a receita orixinal coa masa de pizza de Cristina como non… este é o resultado .. as fotos non son moi boas , nin a presencia é a mellor porque na neveira so tiña cogollos de leituga e esta sin duda queda mellor , máis vistosa , cunha fermosa leituga de follas grandes .. pero bueno .. outro día deixovos a receita que para o veran é estupenda…
Ingredientes :
Para a masa:
120ml de auga morna
120ml de leite morno (con 20g de fermento fresco disolta nela)
1 cucharadita de sobremesa de allo
2 cucharaditas de sobremesa de queixo parmesano rallado
2 cucharadas soperas de aceite
1 cucharada de azucre
420g de fariña de forza
Preparación:
Colocamos todos os ingredientes nesta orde na cubeta da panificadora e utilizamos o programa de amasado no meu caso o 7 que dura 15 minutos.
Colocar a masa nun recipiente untado de aceite e cubrilo con papel film.
Esperar a que dobre o seu volume.
Ingredientes:
Queixo mozzarela
Tiran de bacon ou xamón cocido
Salsa de tomate.
Ourego.
1 iogur natural
4 culleradas de maionesa
1 leituga.
Modo de facer:
Estender a masa da pizza e untar con salsa de tomate , cubrir co bacon ou xamón e o queixo , especiar e meter no forno ata que este feito .
En un bol mezclar o iogur e a maionesa , introducir as follas de leituga lavadas , e impregnalas da salsa , cando a pizza este feita e antes de servir colocamos o manto de leituga sobre a pizza o dito é unha delicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








