viernes, 16 de septiembre de 2011

Empanada de xoubas.

Setembro  e o seu sol serodio fan de Galicia un paraíso , eu teño a sorte de vivir nun , encántame a cor das arbores , a calor morna do sol o anoitecer... paréceme un pequeno agasallo da natureza antes de encerrarse en si mesma como unha muller cando descubre que esta grávida.

Desembarquei no traballo como un ciclón e sen apenas pausa, estou a tope, de cero a cen sen tempo de pensar...pero ben ... as vacacións foron , tranquilas , estupendas diría eu .. con tempo para recuperar costumes  e ler ... as vacacións dan tempo, o tempo vale tanto... cando non o posuímos.

A receita de hoxe forma parte dunha merenda de vendima, en Galicia, cando menos onde eu son,  é tradicional darlle a merenda ós xornaleiros e a xente que traballa para un nunha tarefa, ven sexa no millo , na seca ou na vendima..

Esta empanada é favorita de miña avoa, antes cando podía camiñar ben e estaba forte, soia ir a praza  calquera día da semana, a mercar xoubiñas para empanada que logo preparaba con mimo para todos nós que cando eramos nenos non apreciabamos moito a verdade.. pero agora é un manxar espectacular so comparable a empanada de zamburiñas .

Esta receita é semellante a súa , esta un pouco tuneada teño que dicilo , emprego unha fariña integral que merco no Eroski , que misturo con fariña de forza o que fai que a masa sexa esponxosa case como comer nubes .. unha marabilla de masa a verdade , ademais de preparala na panificadora , que grazas a Cristina descubrín fai un tempo.

Vou coa receita;

Ingredientes

Para a masa:

250g de fariña de trigo de forza
250g de fariña de trigo integral
250ml de auga morna
100ml de aceite
20g de fermento fresco de panadaría
2 cucharaditas de sal

Para o almoado:

1 cebola grande picada.
500 gr de xoubiñas
Un dente de allo.
Azafrán ou colorante
Sal.


Modo de facer:

Preparar o almoado é dicir fritir a cebola , con dúas ou tres xoubas o dente de allo picado e o azafrán ata que este feita.

A masa preparámola na panificadora ,colocamos todos os ingredientes líquidos na cubeta e a continuación os sólidos. Programa 6, que consta dun amasado e un levado.
Cando este lista , dividímola en dúas , estirámola e colocámola nunha bandexa de forno previamente untada con aceite , estiramos o almoado  e colocamos as xoubas tal e como se ve na foto, despois estiramos a outra masa e colocámola enriba , sellamola e pintámola con ovo batido , facemoslle un furado no medio e metémola no forno 25-30 min a 200.
Lista e exquisita.

8 comentarios:

La cocina de mi abuelo dijo...

unha empanada de 10

misgalletasyotrascosas dijo...

Faisema a boca auga coa tua empanada. E como agora teño a panificadora, que eu tamen vexo as maravillas que fai Cristina, vou tardar pouco en copiar a tua empanada de soubas!!!

Bicos

Panela Panelinha Panelão dijo...

Olá Maria...fiquei mto feliz ao ler seu comentário hoje em Fatias Douradas De Forno...realmente a cultura culinária aproxima os povos...Talves temos nomes diferentes para as mesmas coisas, não...? Mas...agora sobre sua Torta de Sardinhas...Amei...!!!Devo em breve experimentá-la...mas antes queria seu email...Será q poderia mandá-lo..?.Beijosss Vera

LA COCINERA DE BETULO dijo...

Una empanada estupenda.
Besos.

Nita dijo...

Dan ganas de probar.
Excelente sugerencia.
Muy atractivo.
Estaré de vuelta.

beso

Mayte✿ dijo...

Una delicia pura totalmente...ay ahora tengo unas ganas terribles, perooo xoubas acá no consigo, así que hasta que no vuelva me quedon con tus imagenes y tu receta :D

Besotes.

Isabel - Frabisa dijo...

Fíjate que casualidad, ni que nos hubiésemos puesto de acuerdo las dos cocinando empanada de xoubassssssss.

Será porque nos gusta mucho? :)))

biquiños

http://runningintherainn.blogspot.com/ dijo...

Que boa pinta ten esta empanada de xoubas!!! é da nosa gastronomía unha das receitas máis tradicionais que pode haber, sin contar o Caldo claro ;)