martes, 5 de julio de 2011

Brioche con anaquiños de chocolate

Hoxe fai un dia raro deses que nin chove nin deixa.. pero son os mellores días para cociñar cos nenos.. deses días de tardes longuísimas que ben poden rematar cunha taza de chocolate quente e un bo brioche, que é precisamente a receita de hoxe…
Eu non imaxinaba que se podía facer pan na casa, para min o tema de facer pan levábame a cando na casa se cocía , cousa por outra parte que eu nunca vin , a pesar de que tiñamos forno…,forno de leña. Eu teño un leve recordo de cando miña avoa de Coruña cociñaba as empanadas para a festa despois de cocer o pan, pero nada máis… ata que descubrín a Cristina e ela me descubriu un aparatiño chulisimo que se chama panificadora.


Teño que recoñecer que eu non a emprego moito para cocer o pan ,pero si para amasar  , e agora non sabería vivir sen ela , é unha desas cousas que unha vez descubertas fanse imprescindibles.
Dende que a teño , xa non sei cantas cousas teño feito na panificadora , dende masa de pizza ata a Rosca de Reis, pasando pola masa de empanada , algo que fai feliz a miña avoa a que antes nunca lle cociñaba empanada porque me daba pereza absoluta facer a masa.
O brioche de hoxe é unha especie de rollo de canela , sen canela, a min a canela se non é con mazá non me encanta, por iso preferín facelo con anaquiños de chocolate, teño que dicir que empreguei un chocolate artesán que me regalaron “Chocolate artesán do Castela de Vilasobroso” con un alto índice de cacao puro , unha delicia …. Creo que non hai nada mellor para un día coma hoxe…

Ingredientes:
350g de fariña
120g de auga
60g de azucre
40g de leite
1/2 cucharadita de sal
1 ovo
40g de manteiga a temperatura ambiente
1 sobre de fermento seco

Para o recheo:
Manteiga
Anaquiños de Chocolate
azucre

Preparación:
Eu fíxeno na panificadora e como sempre, primeiro os líquidos e logo os sólidos. Empregar o  programa de amasado que dura 15 minutos. Unha vez formada a masa deixámola levar ata que aumente o dobre o seu volume. A amasamos suavemente para desgasificarla e estirámola (sen deixala moi fina, un centímetro de espesor máis ou menos) en forma de rectángulo, botámoslle o chocolate   e azucre e colocámoslle uns anaquiños de manteiga enrriba. Enrolámola como para un brazo de xitano e cortámolo en anacos un pouco gordiños que colocaremos no molde escollido e que deixaremos levar de novo. Introducimos ao forno a 170ºC uns 15 minutos ata que estea doradiño. Retiramos e deixamos arrefriar.

7 comentarios:

Rocio dijo...

Que bo brioche, eu poño a cunca de café ou chocolate, que rico

Tito dijo...

miña naiciña querida María!!! pero que ricura es esta pordiosssss!!! encántame!!!! quedouche precioso de todo!!! sabes que o nome dese chocolate, o do Castelo de Vilasobroso.... ahí ten unha casiña miña nai onde vamos casi todo-los findes!!! curioso!! non sabía eu dese chocolate!!!! :)

Unknown dijo...

Quedeime sen ordenador e por iso non pasei antes a visitarte, que sorpresa atoparme con o teu brioche, non sabes as gañas que teño eu de mercar a panificadora!!!
Cando a teña, copioche a receita.

Bicos

Sebeair dijo...

Qué rico y qué bonitas te quedaron las fotos, en mi casa no hay nada que nos guste más que una masa dulce, con otros postres siempre sobra pero cuando hay alguna masa dulce vuela, lástima que no tenga tiempo para estas cosas, me llevo un trocito del tuyo, un beso.

Mayte dijo...

Estoy soñando sin duda...esto es una delicia total!!!

Me lo anoto te ha quedado tan hermosote.

Besiños :D

Caldebarcos dijo...

Miña reiniña non se me ocorre mellor xeito de pasar a tarde que esta que propós. A unha tarde desas apúntome sen pensalo dúas veces.
As masiñas son a miña perdición e se ademais teñen choco e as serves con choco nunhas taciñas tan bonitas e nun ambiente de xardín tan chulo, iso e estar na gloria debe ser o mesmo :D

Las Recetas de Manans dijo...

Umm, María que merendola me pegaba yo con este brioche!