miércoles, 13 de julio de 2011

Tarta de Piruleta

A miña tarta piruleta.

O sábado tivemos outra das moitas sesión veraniegas de ceas que duran ata o día e festa  porque si…
Celebrabamos que por separado e en tres equipos distintos non presentamos a un concurso de .. non sei como chamalo… “Coches adornados” para a caravana de San Cristovo do meu pobo… foi unha risa porque como chovía , os nosos coches foron os únicos concursantes e como consecuencia os tres premios foron nosos  , pero isto non o sabiamos cando quedamos para celebrar…
A min sempre me encargan da sobremesa aínda que esta vez tiña unha dura competencia cos pasteliños da Pasteleira Pondal de Pontevedra que son unha delicia e veñen presentados nunha caixiña preciosa …
Así que puxenme mans a obra, casualmente visitei un dos Carrefour da miña cidade e como non tiñan o licor de piruleta presenteime no outro e tampouco… xa dixera Tito… que estaban agotados…pero como son unha muller perseverante eu non me ia quedar sen facerlles a torta de piruletas..
Así que como non atopei o licor ansiado  empreguei a imaxinación, tiña un botiño de esencia de fresa que mercara cando estivera en Porto e teño un ron antigo que gardo como ouro en pano e misturei o ron cunha gora de esencia .. . máis- menos licor de piruleta… a tora fixena seguindo as instruccións de Cristina e a presentación fixena tipo Charlotte que lles gusta moito e teño que dicir que foi un éxito de sabor .. non hai palabras simplemente MA RA BI LLO SA é como comer … non sei…. Anaquiños de fresa con sabor a piruleta.. recomendoa!!!


Ingredientes:
5 follas de gelatina (2g cada folla)
1 iogur grego
1 1/2 iogur de azucre (tomaremos como medida o bote de iogur)
5 piruletas (máis as necesarias para decorar)
50ml de auga
30ml de licor de piruleta no meu caso ron con unhas gotas de esencia de fresa
350g de nata para montar (35% materia graxa)
100g de galletas
50g de manteiga derretida
Un paquete de biscoitos de soletilla.

Preparación:

Pomos as follas de gelatina a hidratar en auga fría. Reservamos.
Trituramos as galletas, mesturámolas coa manteiga derrida formando unha pasta e colocámola de base dun molde desmontable , Pomos a auga nun cazo ao lume e derretimos as piruletas. Unha vez derretidas, retiramos do lume e engadimos a xelatina previamente escurrida e removemos até a súa completa disolución...Mesturamos o iogur co azucre e o licor de piruleta e engadímoslle a mestura de xelatina.
 Removemos ben...Montamos a nata e mesturámola con movementos envolventes co iogur e a xelatina.  Dispomos os biscoitos de solettilla formando unha coroa a redor do molde Envorcamos a crema resultante sobre a base de galletas...Levamos ao frigorífico preferiblemente dun día para outro ou até callar. Desmoldar e decorar con piruletas ou ao gusto.

4 comentarios:

SarinhaT - No Conforto da Minha Cozinha... dijo...

Que lindo!

La cocina de mi abuelo dijo...

muy buena, la tengo en pendientes

Las Recetas de Manans dijo...

Desde que se la vi a Cris de Kanela y Limón, y luego a Tito estoy deseando encontrar el dichoso licorcito. Ahora veo esta tuya y ya no aguanto más, te robo un pedazo.Besitos.

Tito dijo...

Te ha quedado estupenda María!!! aisss que la peke no me hace que pedir esta tarta ahora jajaja!!! si es que cuando sale una cosa rica, luego no hace más que repetir y repetir jajajaa!!!!!

Ya la has liau!!! que me has dau unas ganas d ehacer otra que no veas!!!!

:)