Estamos en Obras, xa sei que ultimamente non fago máis que por escusas , pero non me digades que as obras en casa non son un autentico engorro , creo que non hai nada peor que as obras.. polo menos para min … caixas que se amontoan de un lado a outro e obreiros que parece que se queren quedar a vivir….
Por outro lado esta a rematar o curso , os nenos están cansos e para que mentir eu tamén…e enrriba esta este tempo que me descontrola o sistema inmunolóxico , porque un día fai calor e outro un frío abafante.. pero aquí estamos FELICES!! Que é o que realmente importa.. recuperando as ganas por cociñar… a receita de hoxe é un Pionono.
O pionono en algúns lugares de América latina principalmente Arxentina é unha masa de Biscoito enrolado rechea de doce de leite ou de algo salgado ó modo no que nos facemos o Brazo de Xitano.
Na miña voda había Pionono entre os aperitivos.. sempre que o cociño lémbrome dese dia .. unha especie de “Anclaxe” , os anclaxes son asociación automática entre un estimulo e unha resposta emocional que indiscutiblemente trae consigo felicidade.
Teño unha amiga a que lle encanta, cociñei este para ela… creo que facer “Anclaxes “ coa comida é marabilloso.. todos recordamos un sabor de cando eramos nenos ou un olor como símbolo da nosa infancia ou adolescencia.
O outro día dicíame unha amiga que se pasara catro anos de internado ceando sopa e que agora sería imposible para ela vivir sen sopa.. . eu teño tan anclado en min o olor do café con leite quentado na mesma pota que cada vez que alguén o prepara así levame de novo á casa onde xogaba de nena co meu amigo Fer e as merendas que preparaba a súa nai de tostadas de pan con Tulipan e azucar…
Pionono
Modo de facer.
Para 8 persoas
Ingredientes:
- 5 cucharadas de fariña
- 5 cucharada de azucre
- 5 ovos
- 1 de raidura de limón
- 8 lonchas de queixo
- 8 lonchas de xamón cocido
-1 lata de atún.
-1 bote de maionesa.
Preparación:
- Bater as xemas co azucre ata que estean espumosos.Bater as clara a punto de neve. Engadir as craras. Facendo suaves movementos envolventes e sen bater, agregar a fariña. Forra unha placa para pionono con papel manteiga engrasado e enfariñado. Levar a forno moderado (350ºF ó 175ºC) de 12 a 14 minutos. Desmoldar sobre un pano humido e enrrollar sobre si mesmo, estando aínda quente, mantelo así durante un anaco. Deixar arrefriar e untar con maionesa ,cubrir co queixo o xamón cocido e o atún con maionesa . Volver enrolar e cubrir con maionesa e decorar ó gusto.
5 comentarios:
Que rico María y para estos días de calorcito es una receta estupenda. Te ha quedado fantástico.
Un besiño.
que buena receta para una cena veraniega, ideal
Me apunto a degustarlo!. Un besito.
Nunca había visto esta receta y es maravillosa, me encantó y pienso hacerla sin duda...los sabores me atraen mucho!
Bonita semana :D
Ohhhhh qué delicado te ha quedado, me encanta lo bonito que queda y de sabor estupendo seguro, con esos ingredientes.
Un besito
Publicar un comentario