miércoles, 8 de junio de 2011

Tarta hello kitty fondant , para Icía.


Este fin de semana a miña pequena cumpleu dous aniños , o ano para o seu cumple fixen a miña primeira tarta de fondant , moi rudimentaria pero bonita , unha declaración de intencións  máis ben…
Estes días nos que tiña unha clara diverxencia coa cociña , días na que outro eu ocupaba o meu tempo, un tempo máis alonxado do ámbito privado , para ser máis publica, algo agonico que me xenera un estrés camuflado e unha clara angustia vital, tanto ,que non sei si merece a pena pero bueno ese tempo xa pasou e cando unha campaña electoral remata semella que fai moito, moito tempo que o fixo…
Despois destes días tolos non quería nin achegarme pola cociña,.
Eu son das que pensa , das que sinte , que para cociñar hai que estar plenamente reconciliada con unha mesma, non ter dobreces , resquemores , dúbidas,hai que ter fe… alegria… esperanzas….
Hai que desexar amar os que van probar o que cociñas e hai que ter tempo para sentarte a saborear…
O cumpre de Icía , reconcilioume coa cociña coas rutinas e co amor… volveume a ilusionar a decoración , os preparativos , o menú , volvín a traballar na cea en todos os pequenos detalle para que os convidados esten cómodos, finalmente foi un éxito… encantoulles todo , porque claro a Bebe ten dous anos e os convidados non eran nenos nin moito menos….aínda que había algún peque , dous ,para ser exactos que foron os outros protagonistas e quedaron encantados.

RECEITA
A receita e o modo de facer  tomeino prestado de Alma de Objetivo cupcakeperfecto.

Bizcoito de vainilla. Receita da Primrose Bakery

    225g de manteiga
    225g de azucre
    210g de fariña con levadura para biscoitos
    25g de maizena
    4 ovos
    1 cucharadita de extracto de vainilla
    3 cucharadas de leite semidesnatada
   3 paquetiños de galletas oreo bañadas ó chocolate.

Precalentamos o forno a 180º e engrasamos o molde que vaiamos usar (con estas cantidades, énchense dúas moldes redondos de 20cm de diámetro).

Mesturamos manteiga, azucre, fariña, maizena e fermento químico coa batidora. Engadimos a continuación o resto de ingredientes e batemos ata que estean mesturados.
Non sobrebatir, xa que fará que os bizcoitos queden demasiado compactos.

Repartir a mestura entre os moldes e fornear  25 minutos ou ata que un escarvadentes salga limpo. Deixar 10 minutos nos moldes e despois desmoldar sobre unha rexilla.
Seguín os seus pasos o pe da letra pero engadinlle tres paquetiños de oreo bañadas ó chocolate, unhas nove galletas  e o resultado foi impresionante , un bizcoito compacto e xugoso cos topezóns de  oreo e o chocolate.. ummmmm ! Unha delicia….
Os biscoitos estan recheos de fresas con nata , nun guiños ós peques da casa  e recubertos dunha capa de chocolate que despois de estendido deixei enfriar na neveira antes de colocar o fondant, seguindo as instrucións de Alma a perfección.
O resultado podedes velo nas fotos , non é perfecto, as fotos tampouco son moi boas , pero creo que vou mellorando.
Definitivamente volvin…. Unha alegría.

3 comentarios:

Las Recetas de Manans dijo...

Es una auténtica preciosidad, en serio!.Tiene dulzura, colorido, ternura y sobre todo mucho cariño, a que sí?. Además, tienes unas manos divinas!.Besitos.

Mayte✿ dijo...

Ella estará encantada con esta tarta, los muffins, todo tan hermoso, muchas felicidades para ella a través de ti!!

Buen fin de semana.

Isabel - Frabisa dijo...

Qué preciosidad, me ha encantado, te ha quedado divina. Imagino los ojos de tu niña abiertos como platos al verlo, qué satisfacción ¿verdad?

Enhorabuena por el blog, me quedo un ratito viendo tu rica cocina.

biquiños