lunes, 20 de junio de 2011

Pionono de atún , xamón e queixo.

Estamos en Obras, xa sei que ultimamente non fago máis que por escusas , pero non me digades que as obras en casa non son un autentico engorro , creo que non hai nada peor que as obras.. polo menos para min … caixas que se amontoan de un lado a outro e obreiros que parece que se queren quedar a vivir….
Por outro lado esta a rematar o curso , os nenos están cansos e para que mentir eu tamén…e enrriba esta este tempo que me descontrola o sistema inmunolóxico , porque un día fai calor e outro un frío abafante.. pero aquí estamos FELICES!! Que é o que realmente importa.. recuperando as ganas por cociñar… a receita de hoxe é un Pionono.
O pionono en algúns lugares de América latina principalmente Arxentina é unha masa de Biscoito enrolado rechea de doce de leite ou de algo salgado ó modo no que nos facemos o Brazo de Xitano.
Na miña voda había Pionono entre os aperitivos.. sempre que o cociño lémbrome dese dia .. unha especie de “Anclaxe” , os anclaxes son  asociación automática entre un estimulo e unha resposta emocional que indiscutiblemente trae consigo felicidade.
Teño unha amiga a que lle encanta, cociñei este para ela… creo que facer “Anclaxes “ coa comida é marabilloso.. todos recordamos un sabor de cando eramos nenos ou un olor como símbolo da nosa infancia ou adolescencia.
O outro día dicíame unha amiga que se pasara catro anos de internado ceando sopa e que agora sería imposible para ela vivir sen sopa.. . eu teño tan anclado en min o olor do café con leite quentado na mesma pota que cada vez que alguén o prepara así levame de novo á casa onde xogaba de nena co meu amigo Fer e as merendas que preparaba a súa nai de tostadas de pan con Tulipan e azucar…

Pionono
Modo de facer.
Para 8 persoas

Ingredientes:
- 5 cucharadas de fariña
- 5 cucharada de azucre
- 5 ovos
- 1 de raidura de limón
- 8 lonchas de queixo
-  8 lonchas de xamón cocido
-1 lata de atún.
-1 bote de maionesa.

Preparación:
- Bater as xemas co azucre ata que estean espumosos.Bater as clara a punto de neve.  Engadir as craras. Facendo suaves movementos envolventes e sen bater, agregar a fariña. Forra unha placa para pionono con papel manteiga engrasado e enfariñado. Levar a forno moderado (350ºF ó 175ºC) de 12 a 14 minutos. Desmoldar sobre un pano humido e enrrollar sobre si mesmo, estando aínda quente, mantelo así durante un anaco. Deixar arrefriar e untar con maionesa ,cubrir co queixo o xamón cocido e o atún con maionesa . Volver enrolar e cubrir con maionesa e decorar ó gusto.

5 comentarios:

Foodfit_photo dijo...

Que rico María y para estos días de calorcito es una receta estupenda. Te ha quedado fantástico.
Un besiño.

Rocio dijo...

que buena receta para una cena veraniega, ideal

Las Recetas de Manans dijo...

Me apunto a degustarlo!. Un besito.

Mayte dijo...

Nunca había visto esta receta y es maravillosa, me encantó y pienso hacerla sin duda...los sabores me atraen mucho!

Bonita semana :D

Clemenvilla dijo...

Ohhhhh qué delicado te ha quedado, me encanta lo bonito que queda y de sabor estupendo seguro, con esos ingredientes.
Un besito