miércoles, 23 de febrero de 2011

Torta de puerros e panceta con queixo ás finas hervas...

Saíu o sol … hoxe fixo un dia radiante e como di un neno que coñezo parezo Martín, dando o tempo, por certo que guapo é o noso Martín e que ben o fai…
Levo uns días co blog e estou supercontenta , xa non tanto co tema do idioma , google non o recoñece como valido, pero afirma estar traballando niso , a ver si é verdade.. . mentres seguiremos resistindo  , tamén todo ten un pouco que ver con que aínda non me manexo moito co bloguer…
Espero aprender rápido…
É incríbel como pequenas cousas inflúen de xeito determinante no noso estado de ánimo , onte  comecei a reler un libro , que fai anos que lin , Afrodita de Isabel Allende .
Afrodita foi o rexurdir de Isabel despois da perda da súa filla Paula, creo sinceramente que as paxinas de ese libro irradian enerxía , bo humor e porque non, felicidade…,creo que retomarei  tamén algunha das receitas do libro para o Blog e para a vida porque quen pode resistirse a un pouco de picante….

A receita de hoxe prepareina onte para o xantar de hoxe , resulta marabillosa e exquisita de un dia para outro , ademais ,creo que é elegante, e porque non sofisticada e aínda enriba esta riquísima…A pesar de que esta receita se cociñara debese a algo máis profano , debese a unha panceta marabillosa que descubrín mentres facía cola na charcutería do super e que me dicía "lévame para a casa.." total que pedín 200gr de algo que non sabia para que utilizar, pero iso penseino na casa .. gracias a ela agora teño un montón de receitas exquisitas que a necesitan .. as veces a vida é así non credes…?

Ingredientes:
-Pasta brisa ou Masa follada.
-Puerros limpos.
-Tiras de bacon ou panceta cortados moi finos.
-2 ovos.
-200 gr de nata liquida.
-100g de queixo crema ás finas hervas.
-Sal e un chisco de pementa negra.


1-Collemos unha plancha de masa follada (hoxaldre)  ou de masa brisee , como prefirades  e colocadela nun molde previamente engrasado e pinchadela con un tenedor.
2- Introducídela no forno previamente prequentado uns 8 min ata que colla algo de cor.
3- Nun bol introducimos a nata , os ovos batidos e o queixo o sal e a pementa negra e batemos para misturar ben.
4- Noutra fonte colocamos os puerros que cortaremos todos no mesmo tamaño , introducirémolos no forno uns 7 minutos.
5-Enrrollamos a panceta e cortamos os ruliños pola metade do mesmo tamaño que os puerros …
6- A Continuación montamos a torta colocando os anaquiños de puerro e os anaquiños de bacon e vertemos a mistura de ovos , nata e queixo sobre os puerros e metémolo a fogo medio uns 25 min e a comer … é deliciosa de verdade.

8 comentarios:

Rocio dijo...

`quedouche moi bonita, porque rica con eses ingredentes sei que o esta

Foodfit_photo dijo...

Vaya delicia de torta salgada fixeches María!!! Encántame.
Un biquiño.

Unknown dijo...

Ten unha pinta estupenda, este fin de semana traenme panceta da matanza, así que xa sei un dos usos que lle vou dar...

más que hermanas dijo...

mmm, que boa pinta ten e ademáis é sinxela. O mellor é que podes preparala con antelación e así esquecerte da cociña se tes máis cousas que facer!!
Apuntada queda :)

bikiños

Nenalinda dijo...

Hola wapa muxas gracias por la visita y el comentario asi como suerte en el sorteo.
He estado dando una vuelta por tu cocina y con tu permiso me quedo.
La quixe se ve deliciosa ,tomo nota me gustan todos los ingredientes y si esta mas rica al dia sieguiente ya no tengo escusa para no pecar jis..jis.
Bicos mil.

Sebeair dijo...

Hola María gracias por la visita al blog me gusta todo lo que estás haciendo esta quiché de ve riquísima así que me quedo de seguidora, un beso.

Sara dijo...

Que bien pinta esta torta, me ha llamado mucho la atención, un besote.

fresaypimienta dijo...

Que buena esta tarta salada, tiene un aspecto genial! besos