lunes, 21 de febrero de 2011

Red Velvet cupcakes...

Hoxe fai un deses dias tan do norte , grises , cunha luz case violeta que si respiras profundamente incluso podes descubrir ese cheiro tan marabilloso a fogar…

Nembargantes os luns son un comezo , o primeiro día da semana e por suposto o dia en que na neveira hai restos dos doces que se cociñan no tempo de lecer …

Esta fin de semana fixo un tempo horrible pero o sábado pola maña dia en que aproveito  para ir ó mercado  , saíu un sol resplandecente e fixo se cabe máis bonita esta cidade do que é , se iso é posible.

Algún dia adicarei un post a un local onde os sábados pola maña , como un ritual , acudo a tomar un pincho de croqueta de bacallau ¡algo sublime! Que alegra calquer dia por frío que sexa…ó igual que un Cupkake.

Os cupecake son como un agasallo marabilloso que pode ser de calquer cousa pero que sabes será difícil que non sexa perfecto , xusto o que precisas nese momento para volver sorrir…

Descubrín os Cupcakes con Carrie como non…e depois con Bea  ,atopan un oco na miña vida culinaria.
Este fin de semana cociñei uns Red velvet cupcakes coa receita de Bea  aproveitando as fresas que comezan a aparecer en todas as tendas de froita e que por fin podía cociñar un doce especifico que con solo velo recorda a San Valentín.
O Amor tamén debe ser celebrado, as veces penso que todo o que cociño o fago por amor, na miña casa unha cea especial é preludio dunha noite especial e un xantar elaborado, dunha tarde estupenda chea de enerxía.
Adoro cociñar para a miña familia e para os meus amigos, case nada, pode facerme máis feliz.
A receita empregada para estes Cupcake é  como xa dixen a de Bea e quedaron-me perfectos .
O meu fillo foi quen me axudou a preparalos e incluso me gustan as súas imperfecións de neo de 6 anos.

INGREDIENTES SECOS:

2 ½ cunca (350 gr) fariña
1 ½ tazas (300 gr) azúcar
1 cucharadiña cacao en polvo
1 cucharadiña  de sal
1 cucharadiña bicarbonato sódico

INGREDIENTES HÚMIDOS:

2 ovos grandes
1 ½ cunca (360 ml.) aceite
1 cunca (240 ml.) buttermilk (suero de leite)
30 ml. colorante alimentario vermello
1 cucharadiña (5 ml.) vinagre blanco
1 cucharadiña (5 ml.) extracto de vainilla

PREPARACIÓN:

Prequentar o forno a 175º
 1 -Nun bol introducir os ingredientes secos e tamizalos
2 – En outro bol mezclar os inredientes humidos.
 3- Incorporar 1/3 dos ingredientes secos sobre os húmidos, e integrar.
4- Ir botando o resto dos ingredientes secos, con movementos envolventes, ata que estean incorporados perfectamente.
 5-Introducir a masa nunha manga pasteleira e rellenar as cápsulas para cupcakes ata cubrir a terceira parte da cápsula.
6 –Introducir no forno 25 min e comprobar que están ben feitos .
*Eu como non teño suficientes moldes emprego moldes desechables de aluminio para introducir as cápsulas no forno .
CREAM CHEESE FROSTING INGREDIENTES:

125 gr. queixo de untar a temperatura ambiente eu empreguei Mascarpone.
140 gr. de mantequilla a temperatura ambiente
1 culler de extracto de vainilla
250 gr. azúcar glass

PREPARACIÓN:

1-Bater durante 1 minuto todos os ingredientes excepto o azúcar glass.
2-Ir engadindo  o azúcar pouco a pouco ata que esté ben incorporado.


FROSTING DE FRESAS CON NATA

200 gr de nata para montar.
150 de azúcar glas.
250 de fresas.

1-Bater a nata ata montar engadidolle o azúcar pouco a pouco.
2-Abrir o cupcake e introdicir anaquiños de presa con un pouco de nata volver a pechar co anaquiño restante e decorar co resto da nata .
Simplemente deliciosos…

7 comentarios:

Las Recetas de Manans dijo...

Pero bueno, son para comer o como decoración?están tan bonitos que no se yo si me atrevería a darles un bocadito....pero la tentación es tan grande...

Teresa dijo...

Que preciosidad de cupcakes!!!

Caldebarcos dijo...

Que bonito che qudou o blogue, é realmente agradable. Que bonito escribes. E as dúas receitas que levas publicadas teñen un aspecto incrible, isto promete!!!!
Gústame moito o feito de que publiques en galego, somos poucas as que nos atrevemos a facelo, supoño que por amor á nosa lingua, eu agora publico nas dúas linguas, pero nos inicios era todo en galego, a verdade é que era máis auténtico, pero foi a miña pequena homenaxe á xente de fóra de Galicia que se queda un anaquiño a ler o que fago (os tradutores son unha peniña).
Resúltame curioso cando me dicides que fai tempo que me seguides, moitas grazas. Eu tampouco che perderei de vista a partires de agora, prepara café que o virei tomar con esas delicias que fas.
Ademais tamén nos une o mundo educativo polo que vexo.
Moitos bicos

Caldebarcos dijo...

O final non sei se saiu o meu comentario, co rollo que soltei

La cocina de mi abuelo dijo...

Que bos, son unha autentica delicia, quedaronche de luxo.

Grazas pola tua visita e quedome na túa cociña para seguirte

más que hermanas dijo...

Ola!!!

Encantadas de coñecerte!!
Menuda pinta teñen estes cupcakes, entre isto e as orellas facíamos unha boa merenda non sí?
Quedamos por aquí para non perder ningunha receita.


un besiño

Joana dijo...

que bonitos te han quedado, yo aun no he hecho en forma de cupcakes, solo en tarta.

un saludo