lunes, 27 de junio de 2011

Torta exprés para mama.

Tarta exprés para Mama.
O outro día xa contei que estamos en obras, tremendo , creo que esta semana por fin… se van…teremos que cruzar os dedos.
O sábado miña nai empeñouse en celebrar o seu aniversario en contra de todos que preferiamos ir o domingo tranquilamente cos nenos e demais , ese mesmo día eu tiña que ir pagar a factura da pintura da fachada de casa e foi tan elevada que me collín un cabreo monumental( Estas cousas pasan por non contratar orzamentos pechados.. , xa o sei…)…
Así que o saír da tenda funme dereita a casa sen pasar pola pastelería nin nada de nada…cando cheguei a casa tiven que escoitar os reproches do meu marido por non terlle preparado nada a miña nai…pufff realmente non se pode ser tan mala filla…
Así que remexendo nas miñas cousas de pastelería atopei un preparado para biscoito de Mary lee que mercara nunha das miñas visitas ó Corte inglés e que esperaba o seu momento , así que nin corta nin perezosa engadín auga e xa estaba unha masa perfecta que introducín nun molde para biscoito , mentres se facía o cake , abrín a neveira por sorte tamén tiña dous paquetes de queixo crema para facer unha especie de frosting , así que púxenme mans a obra e fixen un frosting de queixo.. e unha vez frío o Cake decidín probar a decoralo como un que lle vira a Alma no seu marabilloso blogue, como o meu cake tiña un buraco no medio , mirei para un lado e atopei unha das velas rosa que mercara en Ikea para o cumple de Icía , e ala .. nin corta nin perezosa , planteilla a torta … e conseguin sen querer que semellara un fermoso centro de mesa de rosas.. engadinlle purpurina comestible e listo…

Todo isto nunha escasamente nunha hora…para que logo digan que non serven de nada os preparados…
Foi xenial… de sabor riquisimo…pero bueno prefiro o tradicional.
Ingredientes.

1 paquete de Mary Lee de Chocolate ,seguir as instrucción do paquete.
2 paquetes de queixo crema
200 gr de azucar en polvo.

4 comentarios:

Sara Ramos dijo...

Uau que lindo............

nieves dijo...

Qué suave y delicada. ¡¡Preciosa!!

Un abrazo.

Mayte dijo...

Me encanta la decoración, hace mucho vi uno así como si fuesen rosas, hermoso!!!

Mil besiños :D

Las Recetas de Manans dijo...

Preciosa esta tarta, que manos tienes!