martes, 22 de noviembre de 2011

Patacas recheas de cogumelos

Eu son un desastre.. teño que recoñecelo, ando sempre en todos os fregados , teño o grupo de Pandereteiras, a Anpa da escola infantil, a Asociación cultural, a de veciños, o concello.. un lio , o traballo que me quita moitísimo tempo e os peques os que intento non roubarlles un minuto.. aínda que as veces é imposible…tempo de calidade…
Vamos que estou en modo “Mama” total… eu son unha desas mamas que a pesar de por límites, son permisiva e amorosa creo….
En casa son eu a que cociño, temos as tarefas repartidas, eu tómome a cociña como un acto de amor, planifico menús para as festas e coido cada pequeno detalle , gústame faime feliz, creo que xa o dixen moitas veces…
Agora teño un novo reto persoal.. de momento os retos son conmigo misma… aínda non atopei a ninguén que queira acompañarme, cociñar algo rico con algo que a priori non lle gusta a ninguén en este caso o Brócoli.
Mercouno o meu marido en plan “ Hai que comer verdura” e eu ufff e agora como fago o brócoli para que os peques e os non tan peques se coman todo , así que preparei  estas  patacas recheas  inspiradas nas que me facía miña nai cando eu era pequena, espero que vos gusten, as veces os pratos máis simples poden converterse nun luxo de sabor.

Ingredientes (4 persoas)
4 patacas
1 cebola branca
100 g de champiñóns
70 g de beicon ou touciño entrefebrado afumado
100 g de queixo parmesano
40 ml de leite de vaca enteira
50 g de manteiga
1 ramallete de perexil
2 ovos de galiña
sal
pementa
Brócoli cocido ó vapor.
Queixo raiado.
Salsa de tomate para decorar o prato.
Así se fai:
Asamos as patacas coa súa pel e unha vez asadas baleirámolas eu aseinas na fussioncook, reservando a súa pulpa.
Facemos un puré coa pulpa da pataca.
Engadimos ao puré de pataca a manteiga, o leite e as xemas e batemos até elaborar unha masa homoxénea e cremosa.
Salteamos nunha tixola con 2 cucharadas de aceite de oliva a cebola cortada en brounoisse (picadillo en cadradiños pequenos) e os champiñóns fileteados, uns 10 minutos.
Noutra tixola fritimos o bacón ata que cruxa.
Escurrimos da súa graxa e incorporamos o bacón, os champiñóns, a cebola, o queixo rallado e perexil e mesturamos co puré. Salpimentamos.
Batemos as claras a piques de neve e mesturamos co puré.
Enchemos as patacas con esta mestura , cubrimos con queixo e forneamos durante 15 minutos a 200º C ata que se gratinen.

5 comentarios:

Rocio dijo...

un plato de 10

Mayte dijo...

Completo y delicioso!

Besotes.

Sopa Boba dijo...

QUE DELICIA DE COMENTARIO DE MUJER COMPROMETIDA CON LA VIDA, ESE ES UN EJEMPLO PARA MI A SEGUIR, PORQUE TU SITUACIÓN ES LA MÍA, FELICIDADES POR HACER LAS COSAS TAN BIEN, Y A SEGUIR ADELANTE

Las Recetas de Manans dijo...

Umnm,sírveme un platito que me apunto!

moniconka dijo...

Menuda Pinta! CREo que voy a anotala para facela en breve... Noraboa, tes un magnífico Blog