lunes, 27 de junio de 2011

Torta exprés para mama.

Tarta exprés para Mama.
O outro día xa contei que estamos en obras, tremendo , creo que esta semana por fin… se van…teremos que cruzar os dedos.
O sábado miña nai empeñouse en celebrar o seu aniversario en contra de todos que preferiamos ir o domingo tranquilamente cos nenos e demais , ese mesmo día eu tiña que ir pagar a factura da pintura da fachada de casa e foi tan elevada que me collín un cabreo monumental( Estas cousas pasan por non contratar orzamentos pechados.. , xa o sei…)…
Así que o saír da tenda funme dereita a casa sen pasar pola pastelería nin nada de nada…cando cheguei a casa tiven que escoitar os reproches do meu marido por non terlle preparado nada a miña nai…pufff realmente non se pode ser tan mala filla…
Así que remexendo nas miñas cousas de pastelería atopei un preparado para biscoito de Mary lee que mercara nunha das miñas visitas ó Corte inglés e que esperaba o seu momento , así que nin corta nin perezosa engadín auga e xa estaba unha masa perfecta que introducín nun molde para biscoito , mentres se facía o cake , abrín a neveira por sorte tamén tiña dous paquetes de queixo crema para facer unha especie de frosting , así que púxenme mans a obra e fixen un frosting de queixo.. e unha vez frío o Cake decidín probar a decoralo como un que lle vira a Alma no seu marabilloso blogue, como o meu cake tiña un buraco no medio , mirei para un lado e atopei unha das velas rosa que mercara en Ikea para o cumple de Icía , e ala .. nin corta nin perezosa , planteilla a torta … e conseguin sen querer que semellara un fermoso centro de mesa de rosas.. engadinlle purpurina comestible e listo…

Todo isto nunha escasamente nunha hora…para que logo digan que non serven de nada os preparados…
Foi xenial… de sabor riquisimo…pero bueno prefiro o tradicional.
Ingredientes.

1 paquete de Mary Lee de Chocolate ,seguir as instrucción do paquete.
2 paquetes de queixo crema
200 gr de azucar en polvo.

lunes, 20 de junio de 2011

Pionono de atún , xamón e queixo.

Estamos en Obras, xa sei que ultimamente non fago máis que por escusas , pero non me digades que as obras en casa non son un autentico engorro , creo que non hai nada peor que as obras.. polo menos para min … caixas que se amontoan de un lado a outro e obreiros que parece que se queren quedar a vivir….
Por outro lado esta a rematar o curso , os nenos están cansos e para que mentir eu tamén…e enrriba esta este tempo que me descontrola o sistema inmunolóxico , porque un día fai calor e outro un frío abafante.. pero aquí estamos FELICES!! Que é o que realmente importa.. recuperando as ganas por cociñar… a receita de hoxe é un Pionono.
O pionono en algúns lugares de América latina principalmente Arxentina é unha masa de Biscoito enrolado rechea de doce de leite ou de algo salgado ó modo no que nos facemos o Brazo de Xitano.
Na miña voda había Pionono entre os aperitivos.. sempre que o cociño lémbrome dese dia .. unha especie de “Anclaxe” , os anclaxes son  asociación automática entre un estimulo e unha resposta emocional que indiscutiblemente trae consigo felicidade.
Teño unha amiga a que lle encanta, cociñei este para ela… creo que facer “Anclaxes “ coa comida é marabilloso.. todos recordamos un sabor de cando eramos nenos ou un olor como símbolo da nosa infancia ou adolescencia.
O outro día dicíame unha amiga que se pasara catro anos de internado ceando sopa e que agora sería imposible para ela vivir sen sopa.. . eu teño tan anclado en min o olor do café con leite quentado na mesma pota que cada vez que alguén o prepara así levame de novo á casa onde xogaba de nena co meu amigo Fer e as merendas que preparaba a súa nai de tostadas de pan con Tulipan e azucar…

Pionono
Modo de facer.
Para 8 persoas

Ingredientes:
- 5 cucharadas de fariña
- 5 cucharada de azucre
- 5 ovos
- 1 de raidura de limón
- 8 lonchas de queixo
-  8 lonchas de xamón cocido
-1 lata de atún.
-1 bote de maionesa.

Preparación:
- Bater as xemas co azucre ata que estean espumosos.Bater as clara a punto de neve.  Engadir as craras. Facendo suaves movementos envolventes e sen bater, agregar a fariña. Forra unha placa para pionono con papel manteiga engrasado e enfariñado. Levar a forno moderado (350ºF ó 175ºC) de 12 a 14 minutos. Desmoldar sobre un pano humido e enrrollar sobre si mesmo, estando aínda quente, mantelo así durante un anaco. Deixar arrefriar e untar con maionesa ,cubrir co queixo o xamón cocido e o atún con maionesa . Volver enrolar e cubrir con maionesa e decorar ó gusto.

miércoles, 8 de junio de 2011

Tarta hello kitty fondant , para Icía.


Este fin de semana a miña pequena cumpleu dous aniños , o ano para o seu cumple fixen a miña primeira tarta de fondant , moi rudimentaria pero bonita , unha declaración de intencións  máis ben…
Estes días nos que tiña unha clara diverxencia coa cociña , días na que outro eu ocupaba o meu tempo, un tempo máis alonxado do ámbito privado , para ser máis publica, algo agonico que me xenera un estrés camuflado e unha clara angustia vital, tanto ,que non sei si merece a pena pero bueno ese tempo xa pasou e cando unha campaña electoral remata semella que fai moito, moito tempo que o fixo…
Despois destes días tolos non quería nin achegarme pola cociña,.
Eu son das que pensa , das que sinte , que para cociñar hai que estar plenamente reconciliada con unha mesma, non ter dobreces , resquemores , dúbidas,hai que ter fe… alegria… esperanzas….
Hai que desexar amar os que van probar o que cociñas e hai que ter tempo para sentarte a saborear…
O cumpre de Icía , reconcilioume coa cociña coas rutinas e co amor… volveume a ilusionar a decoración , os preparativos , o menú , volvín a traballar na cea en todos os pequenos detalle para que os convidados esten cómodos, finalmente foi un éxito… encantoulles todo , porque claro a Bebe ten dous anos e os convidados non eran nenos nin moito menos….aínda que había algún peque , dous ,para ser exactos que foron os outros protagonistas e quedaron encantados.

RECEITA
A receita e o modo de facer  tomeino prestado de Alma de Objetivo cupcakeperfecto.

Bizcoito de vainilla. Receita da Primrose Bakery

    225g de manteiga
    225g de azucre
    210g de fariña con levadura para biscoitos
    25g de maizena
    4 ovos
    1 cucharadita de extracto de vainilla
    3 cucharadas de leite semidesnatada
   3 paquetiños de galletas oreo bañadas ó chocolate.

Precalentamos o forno a 180º e engrasamos o molde que vaiamos usar (con estas cantidades, énchense dúas moldes redondos de 20cm de diámetro).

Mesturamos manteiga, azucre, fariña, maizena e fermento químico coa batidora. Engadimos a continuación o resto de ingredientes e batemos ata que estean mesturados.
Non sobrebatir, xa que fará que os bizcoitos queden demasiado compactos.

Repartir a mestura entre os moldes e fornear  25 minutos ou ata que un escarvadentes salga limpo. Deixar 10 minutos nos moldes e despois desmoldar sobre unha rexilla.
Seguín os seus pasos o pe da letra pero engadinlle tres paquetiños de oreo bañadas ó chocolate, unhas nove galletas  e o resultado foi impresionante , un bizcoito compacto e xugoso cos topezóns de  oreo e o chocolate.. ummmmm ! Unha delicia….
Os biscoitos estan recheos de fresas con nata , nun guiños ós peques da casa  e recubertos dunha capa de chocolate que despois de estendido deixei enfriar na neveira antes de colocar o fondant, seguindo as instrucións de Alma a perfección.
O resultado podedes velo nas fotos , non é perfecto, as fotos tampouco son moi boas , pero creo que vou mellorando.
Definitivamente volvin…. Unha alegría.

lunes, 6 de junio de 2011

Victoria sponge cake para mama

Ando estos días moi liada con mil cousas sen poder adicar tempo a cociñar nin a facer nada,
 Sei que deberia comprometerme máis co Blogue , pero cando hai unha obriga deixa de ser unha paixón, teño moitas fotos de moitas receitas que teño preparado este tempo, pero apenas podo escribir, hoxe estou mortalmente cansa , pero preciso manter a cabeza ocupada en algo agradable.

Maio é un mes complicado, moito traballo e este tempo agotador con moita calor , de súpeto chuvia e logo frío , todo no mesmo dia, así a miña garganta hipersensible ós cambios bruscos de temperaturas non me da tregua, día si día non con infección.
Despois de moitos anos , non celebrei o meu aniversario, non por vanidade , nin por ganas senon por falla de tempo para preparar un xantar e unha torta.
Así que aprobeitei o día da nai para calebrar ambas cousas cunha comida familiar con todas as miñas “mamas”.
En Semana Santa estivemos en Porto uns días nun sitio marabilloso a carón do mar , onde a pesar do malisimo tempo puidemos disfrutar da terraza e das vistas estupendas a un océano atlántico embrabecizo.
Sempre que visitamos Portugal , aprobeitamos para comer estupendos arroces , pratos incribles de carne e polo a brasa , marabillosos pratos de bacalao e impresionante repostería.

A Gastronomía Portuguesa é unha delicia , coidada, ben elaborada e exquisita, temén teño que dicir e falar da extraordinaria amabilidade das persoas que traballan en hostalería que te fan sentir como si estiveras en casa.


En Porto , pasámolo estupendo aproveitei para camiñar e disfrutar en familia, foi moi divertido.
Os Portugueses camiñan a outro ritmo asi que o sabado visitamos pasgelpan e ali xa foi a debacle .. merquei de todo ….
En fin .. cousas que xa iredes vendo estos días.. que por fin volto a escribir…
A torta e un Victoria sponge cake normal.. e o fondat é mercado no pasgelpan.. espero que vos guste.