Dábame moita pena achegarme o blogue , que por outro lado fágoo todos os dias para ver as vosas actualizacións e novos post , e atoparme co meu Mini biscoito que fixen en reis...estes meses están sendo de moitos cambios e os nenos e o traballo requiren case toda a miña atención .. aínda así sigo cociñando e participando en algún que outro reto con Cris de Kanela Y Limón .. que me encantan e me "obrigan " un pouquiño a voltar ós fogóns...
Como veces nas fotos esta foi a cea de onte .. non podía resistirme a tanto amor na blogosfera.. estes días pouco a pouco actualizarei o post e porei as receitas..
Comer, beber, amar...
Cando a paixón por cociñar e a paixón por escribir se unen nun romance coa vida, Grazas!!!
miércoles, 15 de febrero de 2012
viernes, 30 de diciembre de 2011
Mini Biscoito de Tona
Como xa vos comentaba no post anterior este final de ano , esta sendo moi complicado para min , aínda que parece que todo se arranxa e que seguramente polo espírito de Nadal todos os males parecen curarse.
Quizais tamén teña algo que ver que me decidirá a beber moita auga e a baixar o ritmo un pouquiño, quizais si… grazas a todas os que vos preocupastes pola miña saúde e pola do neno, temos pendente operalo , e ansíamos que todo saia ben, sabemos que así será…
A receita que vos traio hoxe non é gran cousa .. quizais tan so unha escusa para achegarnos o blogue de novo, aínda que ten o seu aquel….
Este ano Papa Noel tróuxome uns moldes descatalogados da E.D que non se van volver a fabricar, tratase dun molde de 18 cm tipo bundt con tapa que me vai vir moi ben para o bizcoflan ( de feito xa o estrenei)e 6 moldiños pequenos que eu aproveitei para facer este biscoito(Grazas Papa Noel)
A tarde de Noiteboa, Amalia e eu fomos a visitar a uns parentes seus, Amalia é unha señora duns 87 anos, que vive soa que nos ten como única familia , adorando ós meus nenos e a nós , por iso non podemos negarlle capricho ningún , así que a tarde de noiteboa despois de deixar cosido e recheo o Capón, alá marchamos… convidáronos a merendar e a sorpresa chegou cando nos puxeron leite de vaca de verdade!!! Si de verdade!! De vaca .. vaca…. non o podía crer… así que moi pero moi .. educadamente díxenlle que os nenos e nós non podiamos tomalo , lamentablemente os nosos estómagos xa non están acostumados a este tipo de leite e podiamos rexeitalo de algunha forma ó menos iso foi o que pensei… pero lonxe de enfadarse , entendérono perfectamente, así que empezamos a falar do estupendo que era volver a ter loite e sobre todo da tona , entón conteille que a miña nai facía un biscoito con tona marabilloso cando eu era pequena .
Cando marchamos regaláronme unha bote de nutella che de tona , foi xenial, un agasallo inesperado que me ia permitir recuperar aquel sabor.. así que decidín realizar uns mini biscoitos tal e como facía miña nai.
Ingredientes
100 gr de azucar
100 gr de fariña
1 sobre de lavadura tipo royal
3 ovos L
150 gr de Tona
Modo de facer
Bater os ovos co azucar ata que dobren o seu tamaño e branqueen un pouco , bater as claras a punto de neve cunha pizca de sal , mesturar a fariña coa levadura e tamizar , mesturar cos ovos pouco a pouco e ir engadindo as claras pouco a pouco de maneira envolvente.
Embadurnar un molde con manteiga e introducir no forma uns 20 – 25 minnutos.
lunes, 5 de diciembre de 2011
O meu AIG e Tortitas de domingo.
Este final de ano esta sendo difícil para min , a enfermidade cada vez máis pronunciada da miña avoa súmanse os meus problemas co ril e agora tamén un problema do meu neno, vamos… que semella que vivo en urxencias..
Non sei cantas citas médicas , estancias no hospital e volta a casa , levo dende mediados de novembro nin as que me quedan .. xa estrenei a axenda do 2012 con estas cousas.. por iso un debe valorar día a día o que ten .. Entrenar a mente para buscar cousas positivas e agradecer todo aquilo de bo que ten a vida…
Como o meu Aig que xa me comentou a marabillosa Joana que estivo preocupada polo meu silencio , foime imposible escribir… as veces as cousas supérante e simplemente non das, aínda agora cando escribo unha dor enorme recorre a miña espalda o meu médico di que como veu , pasará que as veces o corpo di ata aquí chegamos.. amiga.
Poida que teña razón e non sexa máis que un aviso que debo baixar o ritmo e centrarme .
Na miña lista de propósitos do 2012, creo que ese ocupará un dos primeiros postos , coidarme máis , comer as miñas horas , traballar sen estresarme e non levarme os problemas dos meus usuarios conmigo máis ala da porta do edificio.
O meu AIG Rosa , de Cocina vasca, foi extremadamente amable enviándome un montón de cousiñas para a cociña, que aínda non puiden estrenar xa que a precripción médica é reposo absoluto ata que o meu ril recupere a súa función , pero que me axudarán un montón na cociña unha vez este recuperada.
As tortitas que ilustran o post non as fixen eu , senon a miña costela que decidido a coidarme esta ata aprendendo a facer reposteria . Un bico enorme a Rosa e a toda a súa familia e gracias a Joana por organizar todo isto.
O meu AIG foi para Teresa , un beso enorme pola súa amabilidade , desexolle que disfrute moitisimo de todo ..http://www.cierralosojosyprueba.com/2011/11/la-ilusion-de-participar-en-el-aig-2011.html
O meu AIG foi para Teresa , un beso enorme pola súa amabilidade , desexolle que disfrute moitisimo de todo ..http://www.cierralosojosyprueba.com/2011/11/la-ilusion-de-participar-en-el-aig-2011.html
martes, 22 de noviembre de 2011
Patacas recheas de cogumelos
Eu son un desastre.. teño que recoñecelo, ando sempre en todos os fregados , teño o grupo de Pandereteiras, a Anpa da escola infantil, a Asociación cultural, a de veciños, o concello.. un lio , o traballo que me quita moitísimo tempo e os peques os que intento non roubarlles un minuto.. aínda que as veces é imposible…tempo de calidade…
Vamos que estou en modo “Mama” total… eu son unha desas mamas que a pesar de por límites, son permisiva e amorosa creo….
En casa son eu a que cociño, temos as tarefas repartidas, eu tómome a cociña como un acto de amor, planifico menús para as festas e coido cada pequeno detalle , gústame faime feliz, creo que xa o dixen moitas veces…
Agora teño un novo reto persoal.. de momento os retos son conmigo misma… aínda non atopei a ninguén que queira acompañarme, cociñar algo rico con algo que a priori non lle gusta a ninguén en este caso o Brócoli.
Mercouno o meu marido en plan “ Hai que comer verdura” e eu ufff e agora como fago o brócoli para que os peques e os non tan peques se coman todo , así que preparei estas patacas recheas inspiradas nas que me facía miña nai cando eu era pequena, espero que vos gusten, as veces os pratos máis simples poden converterse nun luxo de sabor.
Ingredientes (4 persoas)
4 patacas
1 cebola branca
100 g de champiñóns
70 g de beicon ou touciño entrefebrado afumado
100 g de queixo parmesano
40 ml de leite de vaca enteira
50 g de manteiga
1 ramallete de perexil
2 ovos de galiña
sal
pementa
Brócoli cocido ó vapor.
Queixo raiado.
Salsa de tomate para decorar o prato.
Así se fai:
Asamos as patacas coa súa pel e unha vez asadas baleirámolas eu aseinas na fussioncook, reservando a súa pulpa.
Facemos un puré coa pulpa da pataca.
Engadimos ao puré de pataca a manteiga, o leite e as xemas e batemos até elaborar unha masa homoxénea e cremosa.
Salteamos nunha tixola con 2 cucharadas de aceite de oliva a cebola cortada en brounoisse (picadillo en cadradiños pequenos) e os champiñóns fileteados, uns 10 minutos.
Noutra tixola fritimos o bacón ata que cruxa.
Escurrimos da súa graxa e incorporamos o bacón, os champiñóns, a cebola, o queixo rallado e perexil e mesturamos co puré. Salpimentamos.
Batemos as claras a piques de neve e mesturamos co puré.
Enchemos as patacas con esta mestura , cubrimos con queixo e forneamos durante 15 minutos a 200º C ata que se gratinen.
lunes, 7 de noviembre de 2011
BUNDT CAKE DE RON CON CHISPAS DE CHOCOLATE
“ Hay manos de manos , unas pesadas y torpes, otras pequeñas y fuertes , las hay livianas y temerosas , otras grandes y gentiles , pero para hacer pan y para hacer el amor lo que importa es lo que guía a la mano”
Isabel Allende . Afrodita.
Isabel Allende . Afrodita.
Compreime un molde de Bundt cake precioso que trouxo un mensaxeiro e que asombrado, pagou o meu marido.. e agora que…..? Que outra cousa sácache da cabeza ?
Desconfiado é pouco .. cando probou o Bundt , el que non é nada amigo dos biscoitos ..non lle quedou máis que sucumbir .. entón tiven que falarlle de Bea unha vez máis e de como alguén que non coñeces pode converterse na túa mentora culinaria como na famosa peli ...
Dende que teño o molde é un non parar cada domingo unha nova receita a cada cal mellor ... non sei por cal decidirme aínda.... xa teño encargado o meu agasallo de Nadal e creo que por esta esta vez non protestará en que sexa algo para a cociña.. .. ata esta encantado coa idea de colgalos da parede da cociña cal Bea....
Novembro para el é un mes triste .. perdeu a seu pai e a súa avoa neste mes.. levo días dándolle voltas e todos os días deste mes cociñarei algo especial para el.. niso consiste o amor .. e eu ámoo máis que a nada....
INGREDIENTES:
250 gr. manteiga
300 gr. azucre
420 gr. fariña todo uso
1/4 cucharadita bicarbonato sódico
1/2 cucharadita sae
250 ml. buttermilk ( soro de leite *1)
2 cucharaditas extracto de vainilla
4 ovos
1 xema
60 ml. de ron , no meu caso , Bea ponlle Bourbon.
100 gr. noces picadas (*2)
100 gr. pepitas de chocolate
MODO DE FACER con Batedora
Prequentar o forno.
Engrasar un molde bundt de 25 cm. con manteiga ou spray.
Tamizar a fariña, bicarbonato, sal e reservar.
Mesturar o buttermilk,ron e extracto de vainilla.
Nun bol mesturar as noces picadas e as pepitas de chocolate, engadirémoslle 2 cucharadas da mestura do buttermilk e aproximadamente 30 gr. da mestura da fariña. Mesturaremos ben para que todas queden perfectamente cubertas.
Bater coa pa manteiga e o azucre ata que consigamos unha mestura que haxa blanqueado e quede esponxosa
Engadir os ovos e a xema lixeiramente batidos e un a un, a velocidade baixa. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea totalmente integrado.
A velocidade baixa engadir un terzo da mestura da fariña e bater. Engadir a metade da mestura do buttermilk e continuar alternando os ingredientes terminando coa fariña.
Engadir coa espátula a mestura que tiñamos preparada das noces e as pebidas de chocolate e repartilas uniformemente.
Botar esta mestura no molde bundt engrasado que tiñamos preparado. Asegurarnos cunha espátula que a masa entrou en todas as fendas do molde e que non ten aire. Alisar a superficie.
Fornear aproximadamente uns 50-60 minutos, ou ata que ao picalo cunha brocheta salga totalmente limpo.
Deixar arrefriar no molde sobre unha rexilla 10 minutos. Pasado este tempo desmoldar boca a abaixo e deixar arrefriar sobre unha rejilla.
martes, 1 de noviembre de 2011
Dedos de bruxa
Os nenos cambianche a vida, eu agora estou en “modo mama” ,disfruto cada instante , paso con eles todo o tempo que podo e todo o tempo que teño, adicollo , creo que o merecen , creo que merecen cada instante da miña vida para tentar facelos tan felices como eles me fan a min.
Neste tempos de recortes e de presións , semella que os nenos son os que menos importan , no cole todos os anos se celebraba o Samahim , este ano non… acordouse que non se ian realizar actividades extracurriculares a modo de presión, a min non me parece mal que se presione , todo o contrario , pero os nenos non teñen porque pagalo.. así que este ano na aldea fixemos unha festa de samahim para os nenos e cociñei os xa famosos dedos de meiga , dos que pululan miles de versións polos blogs fixenos coa receita de Aliena e o seu blogue la casita verde , curiosamente o primeiro blogue de cociña que coñecin. Despois decorei unha simples madalenas con buttercream de nuttela e fixen uns sándwiches mordidos por Drácula o resto son chuches diversa,a maioria das que venden no Lidl para estas datas , os adornos dos cupcake e das botellas sacamolos da rede pero non gardamos os links , o resultado foi unha tarde estupenda que puidemos pasar cos nosos fillos e que eles seguro que lembrarán sempre.
Dedos de Bruxa.
INGREDIENTES (saen de 25 a 30 dedos dependendo do grosor e o tamaño)100 gr. de manteiga
unhas pingas de esencia de améndoa ou de esencia de vainilla
100 gr. de azucre
300 gr. de fariña
un chisco de sal
2 ovos
un puñado de améndoas crúas enteiras para decorar
marmelada de morango.
Modo de facer:
Nun bol grande dispomos a manteiga (que deixariamos previamente a temperatura ambiente para que se abrande), o azucre , e o chisco de sal. Batemos até mesturar ben os ingredientes.
A continuación engadimos un ovo, e a esencia . Incorporamos ben os anteriores ingredientes, e a continuación engadimos o outro ovo. Seguimos batendo a mestura durante uns minutos até conseguir unha textura suave.
Engadimos a fariña e incorporámola sen traballar a masa demasiado. Xusto o necesario para incorporala correctamente aos ingredientes húmidos. Envolvemos a masa resultante en filme transparente e metémola no frigorífico durante 30 minutos.
Sacamos a masa da neveira e dividímola en 30 porcións. A continuación iremos dando a cada porción unha forma de dedo Cun coitelo marcamos uns cortes imitando os pliegues dos dedos e pegaremos unha améndoa nun extremo, presionando un pouco.
Non se modelará ben a masa se non está fría. É recomendable manter as porcións coas que non esteamos a traballar no frigorífico, ou polo menos a metade delas.
Colocamos os dedos sobre a bandexa do forno e pintamos cada dedo cun pouquiño de ovo batido para darlle brillo. Forneamos durante 12 minutos, ou ata que estean lixeiramente dourados.
miércoles, 26 de octubre de 2011
Cristinas de nata
Non vos pasa a miúdo que de repente sen saber porque sentides un desexo irrefrenable de comer algo en concreto, e comezades a desfrutalo moito antes de comelo , a min pásame a a cotío , non o podo evitar vexo algún dos vosos marabillosos pratos , alguen que me conta unha receita.. un libro que releo.. unha conversa na radio .. non sei calquera cousa….trae a min o desexo irrefrenable de cociñar e comer… e desfrutar da comida…
“Tengo pésimo oído , soy incapaz de tararear Cumpleaños feliz, pero puedo evocar sin vacilación el chisporrotear del aceite al freír cebolla; el ritmo sincopado del cuchillo picando verduras; el borboriteo del caldo hirviente donde dentro de un instante caeran los desdichados mariscos ; las nueces al partirlas, la paciente canción del mortero moliendo semillas; las notas líquidas del vino al ser escanciado en las copas ;el chocar de los cubiertos de plata, el cristal y la porcelana en la mesa; el murmullo melodioso de la conversación de sobremesa, los suspiros de las velas que iluminan el comedor…”
Isabel Allende. Afrodita.
Eu creo que todos os que temos un blogue disfrutamos coa comida, ata que cheguei a este mundo, non podía imaxinar tamaña mostra de xenerosidade, xente que amosa os seus segredos e os comparte creando desexos irrefrenables de aprender a cociñar cousas novas , contribuíndo á felicidade colectiva, claro , acaso as nosas familias non son máis felices cando cociñamos para elas cousas exquisitas, cando os sorprendemos con agasallos marabillosos en forma de doce ou de sopa.. no meu caso, moita xente é feliz…
Hoxe traio unha desas receitas de desexos irrefrenables e toda unha loucura por saborear cun café ben quente ,agora que por fin fai frío, o que sen dúbida é o mellor que finxen en bolleria , que non foi moito a verdade .. pero saíronme tan ben, e están tan ricas, que xa as fixen tres veces…
Ingredientes:
-250 grs. de leite
-50 grs. de manteiga
-50 grs. de azucre
-20 grs. de fermento prensada
-1 cucharadita de sal
-500 grs. de fariña de forza
-Ovo para pintar a masa
-Recheo ao gusto, eu usei nata montada
Amornamos o leite un pouco no microondas e nela, desfaremos o fermento prensado. Despois engadímoslle a manteiga e o azucre e mesturamos ben.
Nunha amasadora ou panificadora, poremos a fariña tamizada xunto á cucharada de sal e engadirémoslle a mestura anterior.
Eu usei a panificadora do Lidl co programa 7 , teño que dicir que o poño dúas veces , fago un dobre amasado.
Deixaremos repousar a masa uns 15 minutos dentro do recipiente, tapándoo.
A continuación dividimos a masa en porcións, e deixámola dobrar de volume de novo antes de metelos ao forno, prequentado a 180º, pintaremos a masa cun ovo batido.
Forneamos uns 15 minutos ou ata que estean douradas.
Deixamos arrefriar e enchemos ao gusto.
“Tengo pésimo oído , soy incapaz de tararear Cumpleaños feliz, pero puedo evocar sin vacilación el chisporrotear del aceite al freír cebolla; el ritmo sincopado del cuchillo picando verduras; el borboriteo del caldo hirviente donde dentro de un instante caeran los desdichados mariscos ; las nueces al partirlas, la paciente canción del mortero moliendo semillas; las notas líquidas del vino al ser escanciado en las copas ;el chocar de los cubiertos de plata, el cristal y la porcelana en la mesa; el murmullo melodioso de la conversación de sobremesa, los suspiros de las velas que iluminan el comedor…”
Isabel Allende. Afrodita.
Eu creo que todos os que temos un blogue disfrutamos coa comida, ata que cheguei a este mundo, non podía imaxinar tamaña mostra de xenerosidade, xente que amosa os seus segredos e os comparte creando desexos irrefrenables de aprender a cociñar cousas novas , contribuíndo á felicidade colectiva, claro , acaso as nosas familias non son máis felices cando cociñamos para elas cousas exquisitas, cando os sorprendemos con agasallos marabillosos en forma de doce ou de sopa.. no meu caso, moita xente é feliz…
Hoxe traio unha desas receitas de desexos irrefrenables e toda unha loucura por saborear cun café ben quente ,agora que por fin fai frío, o que sen dúbida é o mellor que finxen en bolleria , que non foi moito a verdade .. pero saíronme tan ben, e están tan ricas, que xa as fixen tres veces…
Ingredientes:
-250 grs. de leite
-50 grs. de manteiga
-50 grs. de azucre
-20 grs. de fermento prensada
-1 cucharadita de sal
-500 grs. de fariña de forza
-Ovo para pintar a masa
-Recheo ao gusto, eu usei nata montada
Amornamos o leite un pouco no microondas e nela, desfaremos o fermento prensado. Despois engadímoslle a manteiga e o azucre e mesturamos ben.
Nunha amasadora ou panificadora, poremos a fariña tamizada xunto á cucharada de sal e engadirémoslle a mestura anterior.
Eu usei a panificadora do Lidl co programa 7 , teño que dicir que o poño dúas veces , fago un dobre amasado.
Deixaremos repousar a masa uns 15 minutos dentro do recipiente, tapándoo.
A continuación dividimos a masa en porcións, e deixámola dobrar de volume de novo antes de metelos ao forno, prequentado a 180º, pintaremos a masa cun ovo batido.
Forneamos uns 15 minutos ou ata que estean douradas.
Deixamos arrefriar e enchemos ao gusto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)