Pizza de leituga.
Na miña cidade había una franquicia dunha tratoria italio-arxentina moi coñecida e digo había porque foi un deses negocios que se levou a crise, era un sitio encantador , o que me encantaba ir co meu marido a cear e incluso algún domingo iamos a comer cos nenos e a miña bisavoa que vive con nós.
Pero xa digo que pechou , nese restaurante tiñan unha torta marabillosa a que lle chamaban “Mar de plata”, e que si non fora por este post quizais non viñese a miña memoria consciente pero teño que facerlle un día destes “Mar de plata” a miña costilla , que moitas veces , sobre todo cando estaba embarazada pasaba por “Chicote” para traerme dúas racións ..mmmmummm son desas cousas pequenas que fan a vida especial…
Neste restaurante coñecín a receita de hoxe e desde que a probei , cando tiña un apuro pedía que ma trouxeran a casa… ata que un dia pouco antes de pechar , a caixiña da pizza traia unha nota coa receita.. . foi todo un detalle … xa que sin ser moi complicada esta pizza é unha delicia … eu creo que mellorei a receita orixinal coa masa de pizza de Cristina como non… este é o resultado .. as fotos non son moi boas , nin a presencia é a mellor porque na neveira so tiña cogollos de leituga e esta sin duda queda mellor , máis vistosa , cunha fermosa leituga de follas grandes .. pero bueno .. outro día deixovos a receita que para o veran é estupenda…
Ingredientes :
Para a masa:
120ml de auga morna
120ml de leite morno (con 20g de fermento fresco disolta nela)
1 cucharadita de sobremesa de allo
2 cucharaditas de sobremesa de queixo parmesano rallado
2 cucharadas soperas de aceite
1 cucharada de azucre
420g de fariña de forza
Preparación:
Colocamos todos os ingredientes nesta orde na cubeta da panificadora e utilizamos o programa de amasado no meu caso o 7 que dura 15 minutos.
Colocar a masa nun recipiente untado de aceite e cubrilo con papel film.
Esperar a que dobre o seu volume.
Ingredientes:
Queixo mozzarela
Tiran de bacon ou xamón cocido
Salsa de tomate.
Ourego.
1 iogur natural
4 culleradas de maionesa
1 leituga.
Modo de facer:
Estender a masa da pizza e untar con salsa de tomate , cubrir co bacon ou xamón e o queixo , especiar e meter no forno ata que este feito .
En un bol mezclar o iogur e a maionesa , introducir as follas de leituga lavadas , e impregnalas da salsa , cando a pizza este feita e antes de servir colocamos o manto de leituga sobre a pizza o dito é unha delicia.
4 comentarios:
Que pizza tan apetitosa y que curioso, nunca la había visto con lechuga.
Buen fin de semana.
muy original,nunca vi la pizza con lechuga
Nunca había hecho pizza con lechuga, pero me voy a animar, si dices que está tan buena, además me han traido no se ni cuantas lechugas de la aldea y se me van a poner malas. Gracias por la receta y que detalle el del restaurante.
Muack
Que espectáculo de pizza, se ve deliciosa.
Un saludo.
Publicar un comentario