viernes, 15 de julio de 2011

Pizza de leituga.

Pizza de leituga.

Na miña cidade había una franquicia dunha tratoria italio-arxentina  moi coñecida e digo había porque foi un deses negocios que se levou a crise, era un sitio encantador , o que me encantaba ir co meu marido a cear e incluso algún domingo iamos a comer cos nenos e a miña bisavoa que vive con nós.
Pero xa digo que pechou , nese restaurante tiñan unha torta marabillosa a que lle chamaban “Mar de plata”, e que si non fora por este post quizais non viñese a miña memoria consciente pero teño que facerlle un día destes “Mar de plata” a miña costilla , que moitas veces , sobre todo cando estaba embarazada pasaba por “Chicote” para traerme dúas racións ..mmmmummm  son desas cousas pequenas que fan a vida especial…
Neste restaurante coñecín a receita de hoxe  e desde que a probei , cando tiña un apuro pedía que ma trouxeran a casa… ata que un dia pouco antes de pechar , a caixiña da pizza traia unha nota coa receita.. . foi todo un detalle … xa que sin ser moi complicada esta pizza é unha delicia … eu creo que mellorei a receita orixinal coa masa de pizza de Cristina como non… este é o resultado .. as fotos non son moi boas , nin a presencia é a mellor porque na neveira so tiña cogollos de leituga e esta sin duda queda mellor , máis vistosa , cunha fermosa leituga de follas grandes .. pero bueno .. outro día deixovos a receita que para o veran é estupenda…


Ingredientes :
Para a masa:

120ml de auga morna
120ml de leite morno (con 20g de fermento fresco disolta nela)
1 cucharadita de sobremesa de allo
2 cucharaditas de sobremesa de queixo parmesano rallado
2 cucharadas soperas de aceite
1 cucharada de azucre
420g de fariña de forza

Preparación:

Colocamos todos os ingredientes nesta orde na cubeta da panificadora e utilizamos o programa de amasado no meu caso o 7 que dura 15 minutos.
Colocar  a masa nun recipiente untado de aceite e cubrilo con papel film.
Esperar a que dobre o seu volume.

Ingredientes:
Queixo mozzarela
Tiran de bacon ou xamón cocido
Salsa de tomate.
Ourego.
1 iogur natural
4 culleradas de maionesa
1 leituga.

Modo de facer:

Estender a masa da pizza e untar con salsa de tomate , cubrir co bacon ou xamón e o queixo , especiar e meter no forno ata que este feito .
En un bol mezclar o iogur  e a maionesa , introducir as follas de leituga lavadas , e impregnalas da salsa , cando a pizza este feita e antes  de servir colocamos o manto de leituga sobre a pizza o dito é unha delicia.

4 comentarios:

Las Recetas de Manans dijo...

Que pizza tan apetitosa y que curioso, nunca la había visto con lechuga.
Buen fin de semana.

Rocio dijo...

muy original,nunca vi la pizza con lechuga

Unknown dijo...

Nunca había hecho pizza con lechuga, pero me voy a animar, si dices que está tan buena, además me han traido no se ni cuantas lechugas de la aldea y se me van a poner malas. Gracias por la receta y que detalle el del restaurante.

Muack

Isabel Aguilera dijo...

Que espectáculo de pizza, se ve deliciosa.

Un saludo.