miércoles, 16 de febrero de 2011

Mini charlotte de tiramisú.


Fai tempo que quería escribir un blogue de cociña , deille moitas voltas , non sabia moi ben como comezar e un dia coma hoxe cun frío horrible e un temporal de alerta vermella , decido comezar esta aventura do blog.

Espero que sexa unha aventura longa e gratificante que non podía máis que comezar coa receita do tiramisú, este doce é o favorito do meu amor.. non perde oportunidade de pedirme que llo faga  e eu sempre o utilizo como guinda ás celebracións especiais.

A miña aflición polos blogs de cociña comezou cando estaba grávida de Icía e tiven que estar un tempo na casa, en repouso absoluto, entón engancheime a Bea de El rincón de Bea  ( www.elrincondebea.com)  e as súas galletas decoradas , despois viñeron máis e máis en diferentes idiomas e de diferentes países , entendendo a cociña como un bálsamo para alma .
 Así naceu Icía entre cupcakes e galletas e renaceu en min a paixón de todas as mulleres da miña familia , unha paixón ,supoño lonxana no tempo, que levamos impresa na memoria xenética .
Dende sempre recordo ás mulleres da miña familia a cociñar, dende sempre recordo as celebracións e a festa cunha comida ó fondo, todas elas , por ambos lados, é imposible así que a min non me fascinara a cociña.
Espero poder volcar esa paixón neste blogue e homenaxear así esta herdanza ...


RECEITA
•    250 gr. de queixo Mascarpone
•    300 c.c. de nata montada
•    24 biscoitos de soletilla.
•    150g de azucre.
•    2 ovos.
•    2 cucharadas de café soluble
•    50 c.c. de Kalhua
•    100 gr. de cacao en polvo

Hai centos de receitas de Tiramisú esta é a miña , creo que a comparto con Sofia Loren porque a primeira vez que cociñei un Tiramisú empreguei a receita que esta publicou nun libro das súas memorias con receitas de cociña que garda miña nai, pero eu modifiquina ó meu xeito despois de anos e anos así que esta é a miña.
1-  Bater o queixo mascarpone nun bol coas xemas de ovo e o zucre ata montar.
2-  Bater a nata ata montala que quede lixeiramente dura é dicir que nos permitira “escribir”como di miña nai...
3-  Bater as claras ata punto de neve.
4-  Misturar todo nun bol con movementos envolventes.
5-  Facer un almíbar con, café soluble e Kalhúa , eu teño experimentado con todo Amaretto, Grand manier..ata licor café , eu creo que o mellor é o Kalhúa.
6- Empregar un aro para empratar , recortar os biscoitos para que estes asenten ben e rodear o aro , configurando a charlotte , no fondo empregamos uns biscoitos empapados no almibar e pomoslle unha capa de crema enriba , a continuación outra de biscoitos para rematar cunha capa de crema.
Na foto vemos un aro de empratar moi pequeno, case individial , o certo é que así queda moi coqueto...

6 comentarios:

Las Recetas de Manans dijo...

Riquísimo y muy bien presentado María!.
Gracias por participar en el concurso de mi blog.
Un saludo y ánimo, que esto siga creciendo...

Unknown dijo...

Eu tamen son novata na aventura dos blogs culinarios e acabo coma ti de comenzar o meu. Tamen son seguidora incondicional de Bea, non sei que faria sin ela...
Fágome seguidora tua xa e animoche a visitar o meu blog

Bicos

Foodfit_photo dijo...

Bienvenida a mundo bloguero María!! Ahora a llenarlo cosas ricas como este charlotte que tan bien has presentado.
Un besazo guapa!

Raquel dijo...

Erún a verdade e que me encanta,pero ¿non se che pasou pola idea pensar,que ainda nos iba gustar mais,se xa no lo trouxeras feito?eso si que estaria bén..enhoraboa pola iniciativa!!! e xa sabes,se necesitas unha catadora,non dudes en chamarme.Biquiños para todos.

Anónimo dijo...

E un pracer ,e tamen unha honra ser tua amiga . Poder degustar os teus postres , as tuas feixoadas etc, e toda unha delicia .Todo o que construes na tua cociña ten moito que ver co que construes na tua vida ,con razon todo esta tan boo.cando te recordo penso en "TOMATES VERDES FRITOS". Os da CASA PACO damosche moitos paravens polo teu blog e mandamosche un biquiño moi grande . Querote moito comadre .

Panela Panelinha Panelão dijo...

Olá, Maria...Fiquei feliz em ver vc no meu blog...Vc é a primeira estrangeira a me visitar, e isso mto me encanta...mas deixemos de lado essas coisas...pois hoje quero falar mesmo desse Tiramissu...sobremesa q amoooo...Tem tudo de bom nessa receita, não???..Mascarpone, uma delícia sabores de café...e tantos...Parabéns pela escolha...Seu amor tem mto bom gosto ..rsss,,,Beijos..Vera...Meu blog...www.panelapanelinhapanelao.com.br...Amei conhecer vc!!!